Burela, 5 de agosto de 2020. A vindeira edición da Feira Náutico Pesqueira Expomar 2021 celebrarase do 19 ao 22 de maio. Será por primeira vez de mércores a sábado, por cuestións organizativas e prácticas, segundo explicou este mediodía o presidente da Fundación organizadora e alcalde de Burela, Alfredo Llano.
Llano explicou que “tivemos unha reunión os responsables de Expomar porque hai que ir organizando xa a feira que corresponde ter para o ano que ven. Hai que ir dando os pasos para que iso sexa unha realidade e para procurar que todos os eventos que se fan en Galicia se complementen”.
O rexedor burelés e presidente da Fundación Expomar subliñou que “a proposta que fixemos hoxe para celebrar a Feira Náutico Pesqueira é os días 19, 20, 21 e 22 de maio de 2021, e paralelamente haberás as xornadas técnicas e o encontro empresarial”.
Alfredo Llano engadiu que “a novidade é que comeza o mércores e remata o sábado, antes remataba o domingo, pero pensamos que é mellor facelo así por cuestións de organización e para favorecer á xente que veña montar os seus stands”.
Xunta local de seguridade, mañá
O alcalde de Burela comentou que “mañá, ás dez e media, faremos unha reunión ordinaria da xunta de seguridade local. Imos repasar todo o que aconteceu durante este ano. Veremos o resultado das incidencias de todo tipo, de roubos, de violencia de xénero e de todo aquilo que debe preocupar a un Concello para que a seguridade estea garantida. Espero que haxa boas noticias e que entre todos nos responsabilicemos de todo o que corresponde e facer unha boa labor en materia de seguridade no concello de Burela”.
Alfredo Llano manifestou que “imos asinar un convenio sobre violencia de xénero para que estean coordinadas todas as forzas de seguridade, sobre todo as que traballan no noso concello”.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



