Mondoñedo, 05 de agosto do 2020. O BNG de Mondoñedo critica o Convenio Interadministrativo de Cooperación asinado o pasado venres 31 de xullo entre a Deputación de Lugo e o concello mindoniense para a adecuación do Mirador.
O BNG explica que segundo o convenio de colaboración asinado entre o presidente da deputación, José Tomé e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, o concello asume a titularidade do Mirador coa condición de investir nel 150.000€ financiados pola institución provincial para o acondicionamento do inmoble e do seu entorno.
O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, declara que non ve a necesidade de que o concello adquira agora este inmoble en mal estado para o cal non hai un uso definido, “o presidente da deputación meteulle un gol pola escuadra ao alcalde de Mondoñedo ao desfacerse dun morto, o cal non sabía que facer con el, cargándollo ao concello de Mondoñedo que tampouco aclara para que o quere”.
Eloi Cabanas apunta que no ano 2017 estas instalacións públicas xa recibiron 270.000€ nunha primeira fase de rehabilitación a través dun obradoiro de emprego e agora anúncianse outros 150.000€ que tampouco van ser suficientes para adecualo de forma definitiva a un uso concreto.
Cabanas cree que isto é un “mal negocio”, e demanda do goberno popular a que aclare os motivos que o levaron a aceptar esta cesión do inmoble cando a responsabilidade de poñelo en valor é da entidade provincial e tamén se pregunta canto lle vai custar as arcas do municipais manter cada ano o Mirador a partir de agora.
-A CORPORACIÓN MINDONIENSE APROBOU EN DECEMBRO DO 2018 POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DO BNG LOCAL PARA CONVERTER O MIRADOR NUN CENTRO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA-
Uns días antes na Deputación de Lugo tamén se aprobaba esta mesma proposta impulsada polo BNG. No pleno celebrado en Mondoñedo acadárase a unanimidade mentres que no ente provincial non houbera o consenso que o BNG solicitaba pola abstención do grupo do PSOE.
“Consideramos que unha vez aprobada a moción e mentres que non haxa un estudo técnico que descarte a posibilidade de homologar un centro destas características nese edificio, o que procede é cumprir os acordos por parte das dúas institucións, que non poden fallarlle aos veciños e veciñas e aos colectivos de Mondoñedo, que foi de onde saíu esta iniciativa que ademais de conseguir recuperar este histórico inmoble que leva varios anos de deterioro e abandono, pode reportar moitos beneficios para Mondoñedo ”.
Os nacionalistas néganse a que se invista un euro máis nese edificio mentres non se teña enriba da mesa un proxecto de uso concreto para poñer en valor o Mirador. “se o goberno ten un proxecto definido diferente que o diga para que poidamos estudalo, mentres tanto debemos ser moi escrupulosos coas inversións de diñeiro para rendabilizalas ao máximo e sen saber antes o que vamos facer alí non ten sentido ningún seguir gastando máis diñeiro público no edificio do Mirador”.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



