Burela, 2 de agosto de 2020. Diego Anido (Lugo) e Guillermo Paz (Málaga) coa obra Mar revolto foron os gañadores do 4º Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrou no muro do peirao de Burela desde o pasado xoves, 30 de xullo. O evento foi organizado pola Concellería de Cultura.
Diego Anido e Guillermo Paz levaron o 1.500 euros do primeiro premio e tamén trofeo. Hipólito Xeada, de Alfoz, conseguiu o segundo premio por A mirada do mar e obtivo 750 euros máis trofeo. O terceiro premio foi para Martín Cal, de Ortigueira, coa obra O gardián do mar, que levou 300 euros máis trofeo.
E o premio para o mellor artista local foi para Héctor Manasé, de Burela, con Arraigados, que recibiu 300 euros máis trofeo.
Desde a Concellería de Cultural felicitan aos gañadores e aos nove participantes na cuarta edición deste certame: “parabéns aos gañadores e a todos os participantes polo voso enorme talento, por compartir con nós varios días con magnífico ambiente, por deixar para sempre a vosa alma e imborrable pegada no noso peirao. Grazas polo súa ardua tarefa ao xurado formado por David Catá (artista gañador do certame en 2019), Marcos Pereira (artista gañador do certame en 2017) e Anxo Rubiños (técnico de Cultura do Concello de Burela),
ao ceramista Alfonso Otero Regal por construír exclusivamente tan fermosos trofeos, a Raúl Torres por conducir a entrega de premios, ao grupo de gaitas da SCR Ledicia e da ACM Dambara por amenizar musicalmente o concurso, ao
CCA Burela e ao hotel Nordés pola súa colaboración”.
E engadiron: “unha vez máis, como era obvio, o arte e a cultura vencen calquera pandemia. Para o ano máis e mellor”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



