Lugo, 2 de agosto. A película María Solinha chega este luns a Barreiros, no marco do ciclo de proxeccións ao aire libre promovido pola área da Cultura da Deputación de Lugo durante os meses de xullo e agosto. O director do filme Ignacio Vilar e as actrices protagonistas Grial Montes e Laura Míguez participarán na presentación do filme, a partir das 21.00 horas na Praza do Concello, habilitada para cumprir coas normas hixienico sanitarias vixentes.
A longametraxe, inspirada na lenda de Maria Solinha, conta a historia dunha actriz de teatro que, en pleno século XXI, sufre os ecos das agresións que padeceu María Solinha, acusada de bruxería e perseguida pola Inquisición.
Antes do visionado, director e actrices participarán nunha mesa coloquio co público, na que tratarán os procesos de documentación e rodaxe da película, producida por Vía Láctea Filmes e Televisión de Galicia.
A longametraxe ven de recibir o seu primeiro recoñecemento internacional no festival italiano de Taormina, onde obtivo o premio á mellor produción do cine indoeuropeo competindo con cintas de once países.
11 proxeccións en toda a provincia
A película, que xa puido verse na Pobra do Brollón, no Corgo e en Meira, estrearase o martes 4 en Guitiriz e, en datas posteriores, en Becerreá, Monterroso, Xove, Fonsagrada, O Valadouro e Outeiro de Rei.
Con este ciclo, a área de Cultura apoia a distribución do filme en localidades sen salas de cine comerciais, ofrecendo así unha canle de difusión complementaria á creación audiovisual galega e en galego. As proxeccións ao aire libre amplian ademais as propostas culturais dos concellos da provincia durante o verán.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



