A Mariña, 10 de setembro, 2020. A día de hoxe no que comezan as clases presenciais na etapa de infantil e primaria, os centros escolares están facendo o imposible por adaptarse ás instrucións da Consellería, sen contar con ningún tipo de reforzo e polo tanto sen a posibilidade real de facer desdobres imprescindíbeis para acadar un nivel educativo real.
Seguimos sen ter unha alternativa para o alumnado en risco, ou convivinte con persoas nesa situación, que non pode iniciar o curso dun xeito presencial, e ao que se lle están a pór todo tipo de trabas para garantir a súa saúde e o seu dereito á educación.
Téimase en manter a diferenza de tratamento entre alumnado de primaria e secundario a efectos da distancia de seguridade, e iso non pode ser negociábel, estamos a falar dun asunto moi grave que é a saúde das nosas fillas e fillos. O tratamento ten que ser o mesmo, ou un neno-a de 11 anos non merece o coidado dun de 12?.
Non temos garantida a imprescindíbel limpeza e desinfección dos centros de ensino, que ten que ser absoluta, porque andan as administracións con liortas de competencias que nada resolven.
Hai unha total descoordinación á hora de interpretar as instrucións, rompendo totalmente o principio de equidade do sistema educativo: así hai centros que están retrasando unilateralmente o comezo co curso para minimizar o impacto da folga, conculcando así o libre exercicio dese dereito; outros están obrigando ás crianzas de infantil a levar posta a máscara todo o día, sen saber diferenciar o que é obrigatorio e o que é recomendábel; outros están obrigando ás familias a entregar depósitos de material -xel e panos desbotábeis – e mesmo cartos, incrementando ilegalmente o custo do que debera ser un ensino gratuíto. E todo isto ocorre pola falta de presenza, e pola insuficiente organización da consellaría de educación.
É precisa unha adaptación curricular que tiña que estar feita hai meses, dende que se cortou o curso pasado e se pretendeu que este curso teña catro trimestres que se van impartir en tres; e tamén é preciso un traballo serio, aínda non iniciado, para que a fenda dixital non volva a converter á nosa xuventude en alumnado de diferentes categorías, segundo onde vivan, o que teñan, ou con quen convivan; porque hai quen fala de ensino virtual, ou semipresencial, cando quedou moi claro no curso pasado que non é unha alternativa real, porque non temos nin a formación nin a infraestrutura para afrontalo con éxito
É preciso centrarse na saúde emocional das alumnas e alumnos, non podemos esquecer todo polo que pasaron nos últimos meses.
A educación non é isto. Xa é hora de comezar a considerala algo prioritario.
Confederación ANPAS GALEGAS.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



