Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020. Este venres comezará o curso sobre técnicas de extracción de resina organizado pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e que se desenvolverá na Casa da Cultura do concello lucense da Pontenova. A acción formativa, que contará cunha duración de 60 horas, desenvolverase ao longo de dez xornadas, ata o vindeiro día 10 de outubro.
O curso está deseñado para persoas relacionadas cos sectores agrario, gandeiro e agroalimentario ou da cadea forestal-madeira, así como para interesados en incorporarse a algunha destas actividades, especialmente mozos ou mozas do rural. Neste sentido, compre lembrar que a Consellería do Medio Rural xa organizou un curso sobre técnicas de extracción de resina o pasado mes de agosto, que tivo lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos. Así mesmo, leváronse a cabo senllas accións divulgativas sobre o potencial resineiro nos piñeirais galegos, tanto no CFEA de Monforte como no Pedro Murias de Ribadeo.
Ademais, cabe destacar que a Xunta desenvolve diversos proxectos relacionados coa investigación no sector da resina dirixidos á adaptación de diferentes métodos de resinación ás condicións dos montes galegos, á mellora da produtividade, á multifuncionalidade dos espazos forestais, á xenética forestal, á planificación, á silvicultura e á protección forestal.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



