Ribadeo, 9 de setembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a presenza do parque móbil da Deputación de Lugo que está a realizar tarefas de limpeza nas gabias dos camiños municipais nas parroquias do interior e nas da costa. Os traballos prolongaranse por espazo dun mes. Nestes días a maquinaria está traballando en Piñeira.
O rexedor subliñou que “é unha pequena boa noticia, porque sempre son boas noticias cando administracións, que non son o Concello, axudan ao Concello de Ribadeo. Queremos valorar positivamente o que está facendo a Deputación de Lugo co noso Concello. Se ben hai un par de meses estivo o parque de maquinaria axudándonos a reparar camiños tanto das parroquias de costa como de interior durante o prazo dun mes, agora nestes días volve o parque de maquinaria da Deputación de Lugo para facer labores de limpeza nas gabias, nas cunetas e nos camiños municipais tanto nalgunhas parroquias do interior como nalgunhas da costa”.
Suárez Barcia explicou que “teñen un prazo dun mes de tempo. Con ese tempo é imposible ir a todos os camiños de todas as parroquias, pero intentaremos repartir o mellor posible entre as da costa e as do interior. Estes días estamos en Piñeira”.
O alcalde engadiu que “temos un equipo de traballo moi profesional, cunha motoniveladora, cunha pala e cun camión para o transporte da terra que se limpa das gabias, e tres operarios moi bos profesionais traballando. Isto sempre significa unha axuda que despois, aínda que o Concello teña que seguir cos seus plans, cos seus recursos propios e con toda esta licitación de amaño doutros camiños, que outra administración veña aquí botar unha man de maneira xenerosa sempre é de valorar. E é polo que eu estou agradecido do presidente da Deputación de Lugo, que outra vez máis cumprira a petición do Concello de Ribadeo para traer o parque de maquinaria aquí outra vez máis”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



