Cervo, 25 de setembro de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron no Concello de Cervo ao presidente da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, Jorge Manchado, e fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 15.000 euros, que ano tras ano a Administración local reserva no seu orzamento “para tentar contribuír a manter a calidade do servizo que prestan desde esta entidade, tanto ás persoas usuarias como ás familias”.
Tal e como precisaron “a relación entre a dirección do centro e o Concello é moi fluída e estamos en permanente contacto para atender, na medida das nosas posibilidades as súas demandas, poñendo a disposición os medios humanos e materiais que requiren, sempre que nos é posible”.
O rexedor aplaudiu o gran labor do centro e o extraordinario traballo do seu cadro de persoal –máxime nestes tempo excepcionais que vivimos- dirixido a favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral.
Esta axuda incrementouse en 3000 euros no exercicio pasado, pasando de 12.000 a 15.000 euros.
O Centro abriu as súas portas no ano 2013; sendo o de Cervo, o único centro destas características da provincia de Lugo, e un dos catro que existen a día de hoxe en toda Galicia.


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



