Mondoñedo, a 23 de setembro de 2020. Mondoñedo, unha cidade cargada de historia, ten un entorno privilexiado, idóneo para disfrutar da natureza e facer exercicio. Unha boa maneira de coñecer os arredores do casco urbano é percorrer a chamada Ruta da Auga. O Concello, atento a introducir as melloras posibles para avanzar no camiño de facer de Mondoñedo un referente no turismo de natureza, acaba de mellorar esta ruta, sinalizándoa para mellor orientación dos camiñantes e tamén para ofrecer información sobre as paraxes polas que discorre.
Os sinais instalados son de distinto tipo, pero todos eles feitos en materiais adaptados o ámbito natural no que se instalan. Algúns deles contan con paneis informativos nos que se detallan sinxelamente e con claridade as características do entorno, ou dos elementos máis singulares. As melloras levadas a cabo inclúen a corrección de impactos visuais ao longo da ruta.
Esta mellora da ruta foi financiada mediante unha subvención da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, con 14.860 euros. O custe total é de 17.968,50 euros.
A Ruta da Auga arranca ao pe da Fonte Vella, en pleno casco histórico de Mondoñedo. En total son 15 quilómetros, que se poden acurtar segundo o gusto de cada camiñante. Un dos elementos máis notables desta ruta é o Salto do Coro, de 15 metros de altura. Ao regreso, a entrada a Mondoñedo polo barrio Dos Muíños é un excelente final para este percorrido.
O goberno municipal, con esta nova iniciativa, reafirma a súa decidida aposta polo fomento das actividades que potencian Mondoñedo como destino turístico de natureza.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



