Foz, a 21 de setembro de 2020. En Foz, a Escola Municipal de Música é un centro cuxa matrícula non deixou de medrar a medida que foi ampliando os seus locais. O portavoz municipal do PP, Javier Castiñeira, anuncia que “o Partido Popular acaba de presentar unha moción de urxencia, para que se debata no pleno que celebrará a corporación municipal o próximo xoves, para solicitar ao Instituto Social de la Marina, dependente do Goberno de España, a cesión do salón de actos da Casa do Mar para seguir ampliando a Escola Municipal de Música Arcadio Mon”.
Castiñeira sinala: “O anterior goberno municipal fixo xestións moi importantes, que supuxeron un cambio substancial para a Escola de Música, como foi, primeiro, trasladar o centro dos sotos nos que estaba do colexio número 1 á Casa do Mar; o pouco tempo, solicitouse ao ISM a cesión dun local na primeira planta, de 70 metros cadrados, que tamén foi moi importante para seguir avanzando na ampliación da Escola de Música; recentemente a consellería de Política Social cedeu, grazas á colaboración da Asociación Virxe do Carme de Foz, o local da planta baixa, de 200 metros cadrados, onde estaba anteriormente o antigo bar da casa do Mar. Así ampliouse moito o espazo e servizos que pode dar a Escola Municipal de Música, o que supuxo un aumento da matrícula”.
O portavoz municipal do PP considera que “é necesario seguir ampliando a escola, porque así o demandan o equipo directivo e os pais, e así o fixeron ver na comisión de seguimento da escola”. Aclara que “a única posibilidade que hai agora é o salón de actos, que está na primeira planta, e que non se usa; sería moito máis útil ao servizo da Escola Municipal de Música. Deste xeito se podería completar en gran parte a transformación que iniciou o anterior goberno municipal”. Os populares esperan “que toda a corporación apoie esta proposta do PP para solicitar a cesión do salón de actos da Casa do Mar de Foz para a Escola Municipal de Música Arcadio Mon”.





















Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



