Lugo, 21 de setembro de 2020.- A Pobra do Brollón, Becerreá, Folgoso do Courel, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Mondoñedo, Navia de Suarna, O Saviñao, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribadeo e Viveiro responderon á primeira convocatoria do plan de axudas ao mantemento de faixas de biomasa “O Que Non Arde”, impulsado pola área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo.
Os concellos terán que achegar agora a documentación para acreditaren o cumprimento da normativa de prevención de incendios forestais, requisito necesario para acceder á liña de axudas, dirixidas a financiar a roza das masas forestais nos laterais das redes viarias municipais (eixo 1) e a repoboación das faixas de xestión de biomasa con árbores autóctonas (eixo 2).
Os proxectos presentados serán estudados por unha comisión técnica, que avaliará tanto a súa calidade técnica como outros criterios cuantitativos, como o control dos incumprimentos da normativa en materia das obrigas de xestión da biomasa vexetal, ou as accións de execución subsidiaria e procedementos sancionadores realizados dende o propio concello.
O programa implementarase a través de convenios interadministrativos de colaboración entre a área de Medio Rural e os concellos beneficiarios que cumpran os requisitos contemplados nas bases.
A deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade, Mónica Freire Rancaño, amosouse satisfeita coa resposta a esta primeira convocatoria do plan que “naceu para incentivar e apoiar políticas orientadas á prevención de incendios”. “A casuística detrás dos lumes forestais é complexa, pero resulta evidente que o camiño para atallar esta problemática pasa pola prevención, pola ordenación do territorio e o aproveitamento multifuncional do monte”, expuxo.
A deputada nacionalista tamén incidiu nas dificultades que afrontan os concellos á hora de apostar por estas políticas ante o “abandono da Xunta de Galiza, que descargou nos
concellos a responsabilidade de previr os incendios nas faixas de protección sen achegarlles
ningún medio ou recurso para afrontala, polo que teñen que executar subsidiariamente
cos seus escasos medios cos que contan”, concluíu.





















Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



