Ribadeo, 6 de outubro de 2020. O Concello de Ribadeo está a realizar obras de mellora no saneamento xeral de Rinlo. O investimento ascende a 40.000 euros aportados polo Fondo de Compensación Ambiental e polo propio Concello. Os traballos foron supervisados hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Obras e de Medio Rural, Mónica Freie e Jesús Mundiña.
O rexedor contou que “como vimos detectando que os colectores do saneamento xeral de Rinlo, pola súa escasa capacidade, non son quen de bombear todas as augas fecais, o que ás veces chegaba producir alivios indesexados na zona da Ribeira. E sendo conscientes desta situación desde o Concello, levábamos varios anos solicitando axuda económica á Xunta, a través do Fondo de Compensación Ambiental para os Concellos. Logo de varios anos tentando sen éxito esta axuda, finalmente hai uns meses nos outorgaron unha pequena partida para este fin, que xunto coa achega que falta por parte do Concello, pois logramos facer unha obra de reestruturación deste sistema de bombeo tan importante”.
Suárez Barcia explicou que “tivemos que adquirir ademais unha pequena leira a un veciño de Rinlo para poder instalar, por medio dela, unha nova condución de saneamento que dea solución ao estrangulamento que había ata ese momento. Instalaremos esta tubaxe ao longo duns 400 metros en solo público municipal e tamén se instalarán novas bombas de impulsión e mellorarase a estrutura xeral deste saneamento”.
O alcalde indicou que “as obras en total ascenden a uns 40.000 euros, entre a achega do Fondo de Compensación Ambiental e os fondos propios do Concello de Ribadeo, e estarán rematadas a finais deste mes. A empresa adxudicataria é Viaqua, que resultou a gañadora a través dun concurso público nestes últimos meses”.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).