Lugo, a 24 de outubro de 2020. Representantes do PP da provincia de Lugo que preside Elena Candia participaron este sábado na manifestación convocada polo comité de Alcoa San Cibrao na cidade de Lugo en sinal de apoio aos traballadores da planta mariñá. Candia trasladou, en nome de todo o Partido Popular da provincia en xeral e da comarca da Mariña en particular, o apoio claro ao mantemento da actividade da planta e a máxima contundencia na defensa dos postos de traballo “tal e como levamos facendo dende o primeiro día. Non ten ningún sentido deixar pechar a única fábrica de aluminio primario en activo de España dende o punto de vista económico e estratéxico”, manifestaron sinalando tamén “as súas consecuencias sociais”.
Os populares explican, ademais, que “o Goberno galego está a traballar de xeito coordinado cos traballadores para atopar solucións ante esta situación tan complexa”. A administración autonómica colabora cos representantes dos traballadores na preparación da impugnación do ERE e na solicitude de medidas cautelares para que non se paren as cubas e “onte mesmo o presidente mantivo unha xuntanza en Cervo co comité de empresa”.
Dende o PP da provincia de Lugo defenden que “a mellor opción para a planta de aluminio é que Alcoa acepte vender”; pero no caso de que a multinacional non acepte volver á negociación para a venda e siga insistindo na paralización da planta, “a Xunta comprometeuse a pedir ao Goberno de Pedro Sánchez a intervención temporal”.
Demandas ao Goberno
“Agora mesmo a prioridade é salvar a planta e os empregos”, segundo manifestan dende o PP de Lugo e para iso esixen que o Goberno central “convoque a reunión prevista co comité de empresa e a Xunta para avanzar na senda do diálogo e no establecemento de medidas coordinadas para facer fronte a Alcoa”.
Os populares recordan tamén que “unha das cuestión que orixinou este problema foi a ausencia dun marco enerxético estable para a industria electrointensiva” ao que se engaden as insuficientes compensacións por custos indirectos de CO2. É por iso polo que urxen ao Goberno de Sánchez a que “favoreza un marco enerxético estable para o sector electrointensivo”; xa que agora mesmo en España a industria electrointensiva paga o dobre pola tarifa eléctrica que en Alemaña ou Francia. “É imprescindible tamén aprobar canto antes o estatuto igual que incrementar as compensacións por custos indirectos de CO2 porque os asignados son insuficientes”.
Defensa da planta e do sector electrointensivo
O compromiso do PP e do Goberno galego coa planta de San Cibrao queda reflectido coa declaración de sector esencial e estratéxico para Galicia que supón vantaxes no eido das tramitacións administrativas para as empresas que queiran investir no sector electrointensivo.
Os populares teñen xa participado noutros moitos actos defendendo a continuidade na Mariña da única fábrica de aluminio primario coa que conta España en activo e incluso defenderon e apoiaron iniciativas neste sentido nas diferentes institucións nas que teñen representación.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



