Ribadeo, 2 de outubro de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo alerta de que nos últimos días se produciron novos desperfectos e roubos de combustible no aparcadoiro de camións de Alfredo Deaño. Esta non é a primeira vez que os populares se ven na obriga de denunciar esta situación publicamente, indicando que estes sucesos deberían “de facer pensar” ao goberno local e desenvolver un plan que mellore a seguridade nesta zona e dotala de máis luminosidade.
Os populares demandan así á entidade local que artelle medidas específicas neste senso, xa que se trata, ademais, do único lugar no que os profesionais do transporte poden estacionar os seus vehículos. Por outra banda, Elena Sierra, advirte dunha circunstancia que pode facer empeorar a situación, como é a chegada do inverno e, en consecuencia, a redución das horas de sol.
“Cada vez faise antes de noite polo que a inseguridade aumenta e a iluminación publica existente neste aparcadoiro é escasa. Son dous factores, di, que favorecen, como resulta evidente, que os roubos aumenten, así como os destrozos”, sentencia.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



