Viveiro, 26 de outubro de 2020. A área de Deportes financiará as obras de mellora no campo de tiro de San Roque de Viveiro, que xestiona o Club de Tiro San Roque. Así o anunciou o deputado Efrén Castro tras visitar as instalacións, atendendo á demanda realizada pola directiva do club viveirense.
Os traballos consistirán na substitución da cuberta do foso olímpico da cancha B e no cambio da cuberta do local social. Ademais, reformarase o acceso á cancha A cunha rampa que facilitará a accesibilidade ao campo.
As obras executaranse en dúas fases, unha primeira no que queda de ano e, a segunda, na vindeira anualidade, aproveitando os períodos sen actividade competitiva. O investimento previsto é duns 14.000 euros, que se canalizarán a través dun convenio entre a área de Deportes e o Concello de Viveiro, propietario das instalacións.
Efrén Castro explicou que “desde a área de Deportes se chegou a un acordo co club e co concello para realizar as obras que, sinalou, que mellorarán as condicións de uso dunhas instalacións cun gran potencial xa que son, xunto coas das Pontes e Xixón, as únicas do norte peninsular habilitadas para albergar competicións federadas ao contar con dúas canchas”.
“Con este investimento, continuamos coa nosa liña de apoio aos clubs e as asociacións deportivas, atendendo tamén aquelas modalidades deportivas que teñen menor foco mediática pero que arrastran moita afección e que contribúen a dinamizar socialmente e economicamente o territorio”, engadiu.
A actividade no campo de tiro de San Roque multiplicouse nos últimos anos, pasando de tirarse 30.000 platos en 2017 a 200.000 en 2019. As instalacións acolleron neste tempo diferentes probas de circuítos estatais, como o Campionato de España Absoluto que tiñan previsto celebrar esta primavera e que se suspendeu por mor da pandemia.
Ademais, o Club de Tiro organiza cada ano Gran Tirada San Roque, unha das probas sociais con maior capacidade convocatoria do norte da Península, con participación de tiradores e tiradoras con palmarés internacional. O Club conta con preto de 60 persoas asociadas.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 
