Lugo, 23 de decembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, convocou este mércores un comité de seguimento dos cinco centros de maiores de titularidade provincial co fin de abordar e avaliar a súa xestión ante a crise sanitaria da Covid-19 e concretar a liña de traballo a seguir para afrontar con éxito o Plan de Vacinación da Covid-19.
Na reunión de traballo, celebrada de maneira presencial na Salón de Actos da Deputación e con algúns membros conectados por vía telemática, participaron ademais do Presidente, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, as directoras dos cinco centros (Trabada, Pol, A Fonsagrada, Ribadeo e Castroverde), a xefa do servizo de Benestar Social e Igualdade, e diferentes traballadores e traballadoras desta área provincial.
No encontro, Tomé Roca trasladoulle a cada unha das directoras e ao equipo técnico, que a institución provincial se pon á súa disposición xunto cos medios técnicos e humanos que sexan necesarios para afrontar “a campaña de vacinación que comezará a semana que vén, segundo nos notificaron as autoridades sanitarias, coa máxima seguridade posible, tanto para os traballadores como para os usuarios, baseándonos na información, a transparencia e a colaboración”.
O Presidente incidiu en que “a Deputación amosa a súa máxima colaboración coas autoridades sanitarias, como vimos facendo en todo momento, para que o proceso se desenvolva con éxito”, subliña. “É moi importante manter estas reunións para analizar as particularidades e situacións que se están dando en cada un dos centros, queremos actuar en base a cuestións firmes e escenarios reais”, explica o Presidente. “Tanto as directoras dos centros, como todo o persoal, un centro de traballadores e traballadoras, están facendo un labor excepcional, con moita dedicación e compromiso”, recalcou.
O mandatario provincial destacou que a reunión entra na política de previsión e anticipación que a institución implantou nas residencias, incluso antes de que se decretara o primeiro Estado de Alarma. “Temos claro que hai que intentar estar prevenidos e preparados para as diferentes situacións que se poidan dar, neste caso, sabendo que será a semana que vén cando se inicie esa campaña e os nosos maiores serán vacinados nesta primeira fase”.
Información para as persoas maiores e as súas familias
Estes días previos ao inicio da campaña, persoal sanitario provincial preparou uns vídeos divulgativos para explicar o proceso e resolver as principais dúbidas que poidan xurdir ao respecto. Proxectaranse nas residencias para que todos os usuarios e usuarias saiban en que vai consistir, e faránselle chegar tamén ás familias, co obxectivo de que teñan a máxima información posible ao respecto.
Xestión pública de centros de proximidade
O Presidente insistiu en que a crise da Covid-19 demostra que o modelo asistencial público e de proximidade polo que aposta a Deputación achega “un plus de calidade na atención aos usuarios e de tranquilidade para as familias, xa que son centros pequenos nos que se garante que os maiores reciben os coidados e servizos que precisan e aos que teñen dereito, preto do seu lugar habitual de residencia”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



