Mondoñedo, 9 de decembro de 2020. O BNG de Mondoñedo considera que debe haber un gran consenso social e político na remodelación da praza máis emblemática da cidade así que iniciará unha rolda de contactos con comerciantes, asociacións e veciños da cidade antes de pronunciarse sobre as obras de reforma da Praza da Catedral que promove o concello.
O voceiro do BNG, Eloi Cabanas, quere escoitar o parecer da veciñanza sobre os cambios proxectados na praza antes de sacar conclusións sobre reformas propostas e ademais das actuacións previstas no proxecto de reforma, o BNG quere estudar outros temas como a reorganización do tráfico das rúas adxacentes á praza, a posibilidade de peonalización dalgunhas zonas do Casco Histórico ou a ordenación dos espazos de estacionamento da cidade.
“lamentamos que o concello non celebrase reunións previas coa veciñanza antes de encargar a redacción do proxecto e de ter o visto bo de patrimonio así que antes de pronunciarnos sobre o proxecto de remodelación da praza queremos contrastar opinións coa veciñanza para saber se realmente é necesario reformar este espazo ou se son necesarias e acaídas todas as actuacións alí propostas”.
O concello de Mondoñedo celebrou a semana pasada unha xunta de voceiros para tratar o tema das obras de acondicionamento da Praza da Catedral e ademais de Elena Candia e dos voceiros das tres forzas políticas representadas no concello, a reunión contou tamén coa participación de Gloria Trigo Mayor, arquitecta redactora do proxecto básico e de execución e acondicionamento da praza.
Na reunión comunicouse que xa chegara ao concello a resolución da concesión definitiva do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana da axuda a cargo do 1,5% cultural para acometer as obras de acondicionamento, informouse das modificacións que se pretenden levar a cabo na praza e indicouse que o concello ten agora 6 meses de prazo para adxudicar as obras.
As obras teñen un orzamento total de 258.739,88€ dos cales 64.684,97€ serán financiados polo concello así que segundo apunta o BNG, “é necesario facer agora suxestións e aportacións canto antes para analizar a súa viabilidade e propoñer se é o caso posibles cambios no proxecto de reforma”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



