Chove? Non, hoxe non parece que vaia ser o caso en Ribadeo. Pero a auga sempre é noticia: necesitámola. E por esa necesidade humana, a rabia fronte á privatización.
Hai moita diferencia entre regulación e privatización. Como ben moitas veces escaso (mesmo na nosa terra dos mil ríos), regular o seu uso non é ter mala visión, e dende hai moito tempo diversas sociedades organizáronse para ter acceso á auga e compatibilizalo co seu uso en diversas necesidades. Co aumento do consumo e a diminución da súa dispoñibilidade, ben polo cambio climático (ese que foi negado moitas veces), ben polo esgotamento dos acuíferos por sobreconsumo, ben por contaminación, o problema do regulamento incrementa a súa dificultade: sempre é máis doado repartir a abundancia que a escaseza. Que en zonas como Los Ángeles vaian na procura de auga a 500 km de distancia, comprando dereitos de auga a poboacións lonxe das súas rúas, que comercializadoras de auga envasada detraian recursos secando fontes de aprovisionamento de poboacións (noticia tamén nos EEUU), que a auga remate contaminada por produtos químicos e os veciños non podan beber auga da billa (si, tamén nos EEUU, a meca da liberdade dos cartos) ou que sexa por culpa da procura de petróleo (pois si, tamén nos EEUU, esa inmensa fonte de noticias que empregan para regarnos, pero asemade en sitios como Ecuador) foron avisos de que o nivel de apropiación privada -expropiación do común- da auga estaba subindo. Ata a semana pasada, na que a noticia foi ‘a auga comeza a cotizar na bolsa de Nova York’.
A cousa é máis complexa que o que parece a raíz do titular citado, pero a idea está aí: a auga convertida en ben de mercado, por obra e gracia do ditado mercantil. A máis da pregunta entre retranqueira e retórica de ‘que vai ser o próximo? O aire?’, xa contestada pola existencia dos dereitos de emisión de CO2, coido que deberamos ir vendo algo máis aló. Para prepararnos, como cando dicimos ‘cando vexas as barbas do teu veciño cortar, pon as túas a remollar’, ou proposto como tema de supervivencia, a difusión a nivel mundial da noticia da privatización da auga -repito, aínda que non sexa exactamente así- apoiada polas típicas chamadas a explicacións á mellor distribución e uso dentro do sistema capitalista, debe poñer os pelos de punta a quen non aspire a controlar o sistema (léase, a quen non sexa como Nestlé ou Agbar).
De pronto, venme á cabeza un pequeno conto que lin hai moito tempo sobre un mercado da auga, ‘O mercado. Parábola do depósito da auga’ de Edward Bellamy (Pode atoparse na rede de xeito libre en moitos lugares, e coido que paga a pena o procuralo). En resume, expón unha trama: créase unha dependencia fortuíta que se converte en escravitude, o que fai necesaria unha loita para albiscar un novo futuro. Hoxe por hoxe, tal parece que sexamos caracteres do conto.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



