Lugo, 2 de decembro, 2020. O grupo provincial do PP mantén contacto directo con moitos dos clubs deportivos lucenses. E, facéndose eco dos seus problemas, nesta ocasión denuncia “a mala xestión que está a facer o delegado de Deportes, Efrén Castro (BNG), dos protocolos para o uso das instalacións provinciais, concretamente do Pazo dos Deportes o dos seus anexos”. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “Dicimos isto porque son moitas as queixas de clubs que ven como en instalacións deportivas provinciais como as citadas se duplican as restricións establecidas pola Xunta de Galicia e polas federacións, normas estas últimas que reducen o aforo practicamente a metade, pero que permiten o adestramento e a competición a todos os clubs federados”.
Castiñeira sinala: “A queixa é que a Deputación aínda duplica esas restricións, ata chegar ao punto surrealista de que as pistas de squash só poden ser utilizadas por unha persoa, cando se sabe que este deporte se xoga entre dous; é dicir, non se pode adestrar en condicións normais. Isto mesmo pasa coas diferentes pistas tanto nos anexos como no propio Pazo; un exceso de celo que está coartando a actividade, xa non a normal por causa da covid, senón que prexudica dobremente aos clubs lucenses”.
Para o portavoz portavoz popular, “o máis grave non é o exceso de celo; o grave é que no goberno provincial non se escoitan as queixas, os problemas dos clubs deportivos”. Castiñeira sinala: “Hai representantes de clubs que queren falar co delegado de Deportes e non o conseguen. Expresaron a súa queixa tamén á presidencia e tampouco foron atendidos. O trato que dá este goberno bipartito ao deporte lucense resúmese así: máis restricións, máis impedimentos e poucas facilidades para superar un momento tan complexo para o deporte como é este. A Deputación de Lugo, nun exceso de celo, está poñendo máis trabas das que xa teñen a todos os clubs lucenses no uso de instalacións provinciais como son o Pazo dos Deportes e os seus anexos”.











No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.