Burela, a 29 de xaneiro de 2021. O deputado mariñán do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha pregunta urxente no Parlamento de Galicia interesándose pola situación na que se atopan as iniciativas, apoiadas pola Xunta, para a mellora da rede de saneamento e execución dunha nova depuradora en Burela. Balseiro quere coñecer as previsións que manexa o Goberno galego en relación con estes proxectos e que pasos se están dando todas as administracións implicadas (Xunta, Goberno do Estado e Concello) para facer realidade estas agardadas obras.
Segundo explica o parlamentario popular desde a administración autonómica se está a traballar para avanzar nas actuacións comprometidas pero lamenta que este ritmo estea a verse condicionado por cuestións alleas á propia administración autonómica, como por exemplo o tempo na resolución dos informes oportunos por parte doutros organismos e administracións implicadas, neste caso en concreto o departamento de Costas do Estado.
A Xunta comprometida: Dispón dunha partida orzamentaria concreta
Con todo Balseiro recorda que os orzamentos da Xunta para 2021 -que hoxe se publican- recollen unha partida orzamentaria concreta, de inmediata execución, na que se destinan 369.000 euros para finalizar a redacción do proxecto técnico da nova depuradora e resto de obras hidráulicas pendentes.
A Xunta está a colaborar co Concello de Burela na mellora do seu sistema de depuración para que o concello poida dispoñer dunha depuradora adaptada ao cumprimento da Directiva 91/271/CEE, sobre tratamento das augas residuais. Ao longo dos últimos anos o proxecto sufriu variacións relevantes, por exemplo, a que implicou o cambio de emprazamento da futura depuradora.
Saneamento e abastecemento: competencias municipais apoiadas só pola Xunta de Galicia
O deputado popular aclara que, a pesar de que a normativa vixente en materia de réxime local establece, sen espazo para a dúbida, que os concellos teñen a competencia exclusiva en materia de abastecemento e saneamento e a pesar tamén de que conforme a esta mesma normativa as deputacións provinciais teñen entre as súas obrigas prestar apoio ás entidades municipais nas súas competencias, está a ser fundamentalmente a Xunta de Galicia quen vén prestando apoio aos concellos nesa materia, axudándoos técnica e financeiramente a desenvolver de xeito máis eficaz e eficiente estas competencias.
Desde o PP insisten na necesidade de que todas as administracións adquiran un compromiso firme, como ten feito a Xunta, para que estas obras poidan saír adiante.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



