Mondoñedo, 30 de decembro de 2020. Un grupo de mindonienses vinculados ao mundo da cultura, as artes, o asociacionismo e a política veñen de redactar un manifesto crítico co proxecto de reforma da Praza da Catedral de Mondoñedo. Entre outras cousas, os preto de 30 asinantes, alegan que o proxecto non foi sometido previamente de maneira formal e coa publicidade axeitada á consideración da veciñanza ao tempo que entenden que esta actuación alteraría de xeito dificilmente reversible a estrutura, fisonomía e usos actuais deste espazo urbano, neste senso sinalan que para afrontar calquera reforma desta envergadura nun lugar tan sensible e emblemático ten que partir dun debate aberto e transparente coa veciñanza. Despois de consultar a diferentes técnicos na materia argumentan que o orzamento previsto, incluída a partida achegada polo Ministerio de Transportes, é notoriamente insuficiente.
Os e as asinantes agrumentan que unha actuación de tales características debería partir do marco dun proxecto global de cidade e que debería ser un proxecto humanizador no que converxan a memoria, a historia, o presente e o futuro que pretendemos para Mondoñedo.
En contra da idea inicial coa que se presentaron as obras, o proxecto que se fixo público non vai, como se afirma, na dirección de recuperar a fisonomía da praza anterior a 1968 senón que, ao contrario, incide nos defectos da que se realizou naquel entón.
Entenden que a necesidade de resolver problemas como accesibilidade, saneamento, recambio de pavimentación ou mellora de iluminación poden levarse a cabo sen necesidade de realizar actuacións tan lesivas e cun elevado custo económico.
Rematan o seu escrito dicindo que unha reforma nun espazo tan simbólico e tan sensible para o funcionamento da cidade como a Praza da Catedral, debe facerse co consenso imprescindible da cidadanía, coas máximas garantías democráticas. Así, NON!
Nos vindeiros días habilitaranse espazos para a recollida de sinaturas en diferentes lugares de Mondoñedo e tamén en plataformas de internet para que todas aquelas persoas que o desexen podan sumarse ao manifesto.
MANIFESTO
Así, NON!
Sobre o proxecto de reforma da Praza da Catedral de Mondoñedo
Como veciñas e veciños, residentes ou non, do concello de Mondoñedo que hai moi poucos días tivemos coñecemento dos detalles dun proxecto de reforma da Praza da Catedral de Mondoñedo e dada a magnitude das consecuencias que prevemos, as persoas abaixo asinantes acordamos redactar e facer público este manifesto:
CONSIDERANDO:
1º.- Que o proxecto, que xa está na fase final procedimental, incluso cos permisos e trámites ultimados, non foi sometido previamente de maneira formal e coa publicidade axeitada á consideración da veciñanza.
2º.- Que segundo se asegura na memoria que acompaña o proxecto xustifícase para resolver problemas de accesibilidade, saneamento, repavimentación, mellora de iluminación e paseo.
3º.- Que a obra prevista reduce considerablemte os espazos diante da fachada de catedral, ao anchear e avanzar o cantón anexo aos soportais coas escaleiras uns dous metros contra a fachada da catedral e trasladar o muro do lado norte 2’5 metros na mesma dirección, ademais de aumentar a súa altura; alterando de xeito dificilmente reversible a estrutura, fisonomía e usos actuais deste espazo urbano, centro neurálxico e emblemático singular, parte dun Conxunto Histórico-Artístico e Patrimonio da Humanidade dos Camiños a Santiago.
4º.- Que en opinión dalgúns técnicos, o orzamento previsto, incluída a partida achegada polo Ministerio de Transportes, é notoriamente insuficiente polo que será preciso amplialo de xeito que calquera incremento orzamentario na obra terá que ser asumido polo concello de Mondoñedo.
PROPOÑEMOS:
1º.- Que previamente a calquera iniciativa concreta de reforma deste espazo se deben procurar respostas colectivas a cuestións básicas como se esta é necesaria, se é urxente e cal é a finalidade desta agresiva alteración da praza.
Entendemos que afrontar calquera reforma desta envergadura nun lugar tan sensible e emblemático ten necesariamente que partir en tempos democráticos dun debate aberto e transparente coa veciñanza e, no caso de considerarse necesarios cambios ou melloras, comezar cun traballo de campo exhaustivo que permita definir e valorar necesidades e rematar avaliando distintas solucións (a través de, por exemplo, un concurso de ideas) a fin de conseguir o maior concenso social en tan delicada empresa.
2º.- Que calquera proposta de reforma neste sentido debe considerar a praza no seu conxunto como un ben patrimonial singular e único, lugar de fundación da propia cidade, integrador de todos os seus espazos, cada un coa súa historia (lugar de decapitación de Pardo de Cela, antiga sede do concello, residencia e museo de Cunqueiro, Catedral, Pazo bispal, estatua de Cunqueiro…).
Ten que ser ademais un proxecto humanizador no que converxan a memoria, a historia, o presente e o futuro que pretendemos para Mondoñedo.
Para todo iso é imprescindible a previa descrición dos usos previstos a medio e longo prazo no marco dun proxecto global de cidade.
3º.- Que, en definitiva, o proxecto que se fixo público non vai, como se afirma, na dirección de recuperar a fisonomía da praza anterior a 1968 senón que, ao contrario, incide nos defectos da que se realizou naquel entón.
4º.- Que a necesidade de resolver problemas como accesibilidade, saneamento, recambio de pavimentación ou mellora de iluminación poden levarse a cabo sen necesidade de realizar actuacións tan lesivas e cun elevado custo económico.
5º.- Que se se considerase necesaria unha reforma nun espazo tan simbólico e tan sensible para o funcionamento da cidade como a Praza da Catedral, debe facerse co consenso imprescindible da cidadanía, coas máximas garantías democráticas. Así, NON!
Mondoñedo, a 30 de decembro de 2020.
Asinantes do manifesto:
Alicia Puchades Tella-Villamarín / Alvaro Franco Vázquez /Ángel Díaz García / Antón Xosé Meilán García / Beatriz Martínez Gayoso / Daniel Rio (caxigueiro) / Ernesto González Torterolo / Francisco Javier Bouso Bouso / José Chao Vega / José Manuel Arias Fernandez / Julio Rodríguez Leiras / M. Javier Loira Rúa / Mª José Martinez Anello / Manoel Baña Castro / Manuel Orlando González Cruz / Manuel Ramón García Martín / Margarita Bermúdez Rubiños / María Consuelo Fernández Reigosa / Mario Bernardo Lage Muiño / Mauro Leivas Rivas / Mercedes Teijeiro Gato
Miguel Chao Miguez / Miguel Souto Cabana / Modesto Díaz García / Natividad Magdalena Domenech Gruñeiro / Pablo Rodríguez García / Xosé Vizoso Fernández / Xusto Fernández Haro


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



