Ribadeo, 29 de xaneiro de 2020. A Concellaría de Medio Ambiente instalou outro punto limpo de proximidade para a recollida selectiva de residuos na Avenida Rafael Fernández Cardoso. O edil Jorge Díaz lembrou que hai outros dous contedores deste tipo que nos tres últimos meses recolleron arredor de trescentos quilos de pequenos electrodomésticos, ademais doutros residuos como lámpadas fluorescentes, cartuchos e aerosois.
O concelleiro de Medio Ambiente explicou que “no núcleo urbano colocamos outro armario selectivo de residuos de todo tipo, entre eles aceite vexetal, fluorescentes, cartuchos, tóner, pinturas, pequenos electrodomésticos, cápsulas de café, pilas, cd´s, dvd´s, radiografías e aerosois”.
Díaz Freije lembrou que “xa estaban instalados outros dous. Un na entrada de Rosalía de Castro e outro no parque de San Francisco. Este que colocamos agora é outro armario selectivo en colaboración con Ascan, que é a empresa que fai a recollida selectiva en Ribadeo, e máis co Concello. Entón é outro aporte máis para que estes residuos non vaian a outro tipo de contedores nin estean por aí espallados, e darlle unha opción máis á cidadanía para que seleccionen mellor os residuos”.
O edil nacionalista subliñou que “do recollido, ata agora, neses dous armarios selectivos, hai arredor de trescentos quilos de pequenos electrodomésticos, bastantes aerosois, cartuchos, moitos fluorescentes e trinta ou corenta quilos de aceite vexetal. Todo isto nos tres meses, como moito, que levan funcionando, e ese foi un dos motivos polos que pensamos tanto a empresa como o Concello, en poñer outro punto limpo de proximidade máis. Está situado na Avenida Rafael Fernández Cardoso, na esquina, ao comezo do Xardín, para completar esa zona”.
Para Jorge Díaz “ese é un sitio visible que vai aportar máis cantidade de recollida selectiva. No Concello continuamos traballando para que os residuos sigan o seu tratamento normal e para que sexan tratados nas condicións idóneas”.
O Concello de Ribadeo instala un novo punto limpo de proximidade para a recollida selectiva de residuos na Avenida Rafael Fernández Cardoso
-
Seguinte
Este venres as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, deron unha charla aos alumnos de 4°de Primaria do CEIP Virxe do Carme, titulada O chan e o inodoro non son papeleiras nin contedores de lixo. Esta actividade formou parte das programadas para celebrar o Día Mundial da Educación Ambiental que tivo lugar o pasado martes, 26 de xaneiro








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



