Foz, 22 de febreiro de 2021. O Concello de Foz leva a aprobación ao pleno de febreiro, que se celebrará este xoves, día 25, a incorporación dun crédito extraordinario por importe de 1.144.965,51 euros con cargo ao remanente de tesouraría. Estes fondos servirán para abonar a diferenza entre o custo do servizo de abastecemento de auga e a tarifa que pagaron as veciñas e veciños de Foz a Gestagua entre xuño de 2016 e xuño de 2020. Segundo os servizos de Intervención é posible acceder aos remanentes de tesourería para facer fronte a este desequilibrio, de forma que se garanta a estabilidade orzamentaria do Concello e non se vexan comprometidos gastos correntes e investimentos.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “o Partido Popular de Foz xa saíu en tromba a escusarse, querendo botar terra sobre un asunto que a min paréceme ben escuro. Segundo o seu portavoz a mala xestión durante os seus 8 anos de goberno en todo o relacionado co contrato da auga e a actualización das tarifas é culpa da oposición. Absolutamente incrible, oito anos nos que o único que se fixo foi prexudicar os intereses do Concello de Foz”.
O actual rexedor municipal remóntase ao pleno do mes de marzo de 2014 e lembra que “hai case 7 anos o anterior alcalde, Javier Jorge Castiñeira, colou -vía urxencia na Comisión de Asuntos Preparatorios de pleno e posteriormente no plenario de marzo do 2014- un informe dun perito contratado por el mesmo na súa calidade de alcalde. Sen informe dos servizos xurídicos presentou a fórmula aos distintos grupos como unha aclaración que había que realizar para actualizar as tarifas. Na realidade esa aprobación plenaria veu facer oficial unha fórmula de actualización de tarifas que non estaba incluída nos pregos de licitación, soamente na oferta de Gestagua, e por tanto non era válida ata ese momento”.
Fran Cajoto engade que “o xuízo no que o Concello de Foz se enfrontou á concesionaria parece unha cortina de fume. O ex alcalde previamente aproba en pleno unha fórmula e logo litiga contra a concesionaria a utilización desa mesma fórmula. Absolutamente incoherente e así o reflicte o xuíz: definitivamente, a defensa do Concello quedou absolutamente vendida. Afirma o xuíz: da la sensación de que en la contestación a la demanda se quiere plasmar una postura de oposición a los planteamientos de la actora , cuando verdaderamento no la hay, puesto que el pleno de la corporación ha aprobado lo que ha aprobado y no es otra cosa que debe atenderse a las conclusiones del informe externo contratado. En definitiva, o punto que o señor Javier Jorge Castiñeira levou de urxencia a pleno en marzo de 2014 provocou que Foz tivese que pagar á concesionaria 1,3 millóns en 2016 e agora algo máis de 1,1 millóns de euros en 2021. Non sabemos da motivación do ex alcalde para actuar así, pero si sabemos das consecuencias: absolutamente nefastas. A mala xestión ten as súas consecuencias, que pagamos todos”.
Ademais o alcalde informa que o Concello “continúa a traballar na licitación dun novo contrato de abastecemento e xestión de augas residuais. Tivemos que facer traballos previos como implantar a licitación electrónica, que non existía en Foz. Aínda que a falta de estabilidade no cargo de Secretaría nos está a causar atrasos trabállase no prego e nunha tarifa que prime a redución do consumo dos fogares e as condicións socioeconómicas dos mesmos: debemos ser respectuosos cun recurso que é escaso. Tamén se traballa para incluír a xestión da nova EDAR de Foz cando entre en funcionamento, da que levamos en trámites desde 2015 e aínda sen ningún documento aprobado. Esperamos de verdade que Augas de Galicia faga os seus deberes e todos os grupos políticos pelexen por ela. Debemos ser serios e non pedir informes en pleno que xa existen, é inaudito: estamos perdendo tempo de traballo e a depuradora sen un ladrillo posto”.
























A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



