Lugo, 26 de febreiro de 2021. O Grupo Municipal do Partido Popular de Meira critica “a inoperancia do alcalde” e o equipo de goberno local porque “non foron capaces de sacar unha nova convocatoria de axudas directas á hostalería e outros comercios afectados” polas medidas recollidas na Orde do DOG do 26 de xaneiro para conter a pandemia da covid-19 “no momento no que máis o precisan”. Ademais, indican que “noutros concellos xa o están facendo”.
Os populares agardan que “unha vez iniciada a desescalada que permite volver á actividade ao sector da hostalería, o goberno local non poña como escusa que xa están abertos para non establecer unha nova liña de apoios”, sobre todo, tendo en conta que “dende o Grupo Municipal Popular xa presentaramos unha iniciativa coa que acordar no pleno a aprobación destas axudas; pero que o alcalde non incluíu na orde do día de asuntos a tratar e, polo tanto, non se puido debater no último pleno”. Isto demostra que “o goberno local de Meira non considera importantes os negocios do noso concello”, segundo denuncian o voceiro do PP, Carlos Veiga.
Os populares volveron a propoñer que o Concello convoque axudas “ante a inactividade do goberno municipal”, despois de que xa o ano pasado “fora o Grupo Municipal do PP o que solicitara no mes de abril que o Concello preparara unha convocatoria para apoiar a tódolos sectores que tiveron que pechar durante o confinamento ou que viron reducida a súa actividade debido á crise derivada da situación sanitaria”. Finalmente, o ano pasado foran convocadas unhas axudas “totalmente insuficientes” que dende o goberno local xustificaron dicindo que “volverían a sacar unha segunda liña cando fose necesario. As axudas eran necesarias agora”, aseguran, e por iso lamentan especialmente que “non quixese incluír a nosa iniciativa para tratala neste pleno” porque “deixala para máis adiante é prexudicial para os negocios de Meira”.
Medidas propostas polo PP
Ademais de axudas directas para os locais afectados polos peches; os populares tamén propoñen axudas directas para os negocios que non poidan facer fronte ao alugueiro do seu local, rebaixar ou suprimir as taxas municipais da auga, lixo e saneamento e o IBI. Así mesmo, consideran necesarias medidas de dinamización económica para o municipio.
Os populares tamén piden que o goberno local redacte unha ordenanza reguladora da ocupación de vía pública que permita contar con normas claras sobre a colocación de terrazas nas rúas e prazas que “aporten a seguridade xurídica”.
Apoios da Xunta
Carlos Veiga destaca que “ante a indiferenza do goberno local co sector hostaleiro, o Goberno da Xunta si que amosou a súa responsabilidade e o seu compromiso cos afectados pola crise da covid”. A través do seu primeiro plan de rescate ao sector hostaleiro, achegou máis de 33.000 euros en axudas que beneficiaron a un total de 11 establecementos de Meira e agora ten aberto o prazo para solicitar as axudas do segundo plan de rescate ao sector.
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



