Foz, 3 de febreiro de 2021. A mellora do tratamento das augas residuais é condición necesaria para o coidado do medio ambiente. En Foz, a construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) será decisiva nese sentido. O PP de Foz anuncia, por medio do concelleiro Antonio Hermida, que presentará unha moción no Concello para instar a Costas a axilizar o informe sobre a nova depuradora.
O concelleiro Hermida sinala: “O Partido Popular sigue liderando as xestións para avanzar na tramitación da nova depuradora de Foz, na Granda de Forxán, no límite con Fazouro. Mostramos a nosa satisfacción porque a Xunta incluíu nos orzamentos do 2021 unha primeira partida de 2,5 millóns de euros, dun total de 8 millóns, para avanzar e poder licitar o proxecto e a obra. Dado que o bipartito focense non informa aos grupos da corporación dos pasos que se están a dar, o PP de Foz interesouse na Consellería de Infraestruturas por como vai a tramitación e tamén para agradecer o compromiso do goberno galego en relación a esta infraestrutura hidráulica”.
Hermida explica: “Segundo nos informaron a finais do ano pasado, o anteproxecto está pendente dos informes sectoriais de Costas, do Estado, que, á vista da experiencia do Partido Popular coa xestión do PXOM, pode alongarse máis do previsto a tramitación dese permiso. Por todo iso e co Goberno de España tramitando a Lei de Cambio Climático, que afecta no seu artigo 18 ás concesións nas zonas marítimo terrestres, o Partido Popular de Foz rexistrou unha moción a semana pasada para instar no pleno de mañá, xoves, a Costas a axilizar este informe”.
A idea dos populares, que, coa axuda de Foz Plataforma de Futuro, impulsaron o cambio da depuradora do porto para a Granda de Forxán (coa oposición do PSOE e do BNG) é facer de dinamizador na corporación municipal deste proxecto, dado que non confía na vontade do bipartito focense neste sentido.
Antonio Hermida di: “Diante do inmobilismo e desinterese do PSOE e do BNG de Foz, que agora no goberno teñen que contradicir as súas promesas electorais de cambiar de ubicación a nova depuradora, o PP sigue coa iniciativa que sempre tivo de solucionar os problemas e molestias que causa a actual depuradora no centro urbano. Proba desa desidia do goberno municipal é que leva meses sen convocar a comisión de seguimento e sen anunciar aos afectados os avances da Xunta de Galicia; tamén solicitaremos no pleno que se convoque á mesma para informar da situación actual aos grupos políticos e as asociacións de veciños”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



