Ribadeo, 16 de febreiro de 2021. Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 21 de febreiro, o primeiro curso de elaboración de programacións didácticas para oposicións de FP, que organiza Apaga (Asociacións de Profesores de Automoción de Galicia).
Dez serán as persoas que reciban esta formación. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “para facilitar a asistencia de todas as persoas anotadas cambiamos a celebración do curso do sábado para o domingo” e indicou que “se trata dun curso, deseñado para xente que se vai presentar a oposicións, sobre o tema de programación, unidades didácticas e todo ese tipo de cuestións”.
Doural lembrou que “a última fin de semana do mes de febreiro, os días 27 e 28, teremos un curso de aerografía. Está aberto a todo o público que queira participar. Imos abordar o tema da aerografía en distintos equipos, como pode ser no automóbil, nas motocicletas, nos monopatíns e ata a utilización da aerografía no corpo humano”. O presidente de Apaga engadiu que “a inscrición para esta actividade formativa, a de finais de mes, aínda está aberta. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 639 88 49 45 ou á páxina web, www.apaga.es”.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


