Lugo, 10 de marzo de 2021. A Consellería do Mar convocou un curso de marisqueo que se desenvolverá na Aula de Formación Pesqueira de Celeiro (Viveiro) así como probas libres para obter a titulación de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Tamén están fixadas as probas para obter as titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou a importancia das “accións formativas dirixidas a cualificar a homes e mulleres para que poidan atopar o seu futuro laboral na pesca, un sector no que existe demanda de traballadores sen cubrir”.
O curso para obter o certificado de mariscadora ou mariscador celebrarase entre os días 6 e 21 de abril en horario de tarde (das 16:30 ás 20:00 horas). As persoas interesadas en inscribirse poden facelo na Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Celeiro (teléfonos 982 555 037 e 982 555 038) ata final deste mes ou ata esgotar as 20 prazas que se ofertan.
Os exames ordinarios teórico-prácticos de carácter libre para mariñeiros pescadores, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente desenvolveranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, entre os días 26 de abril e 4 de maio. A matrícula pode formalizarse ata o vindeiro 15 de marzo.
Os temarios oficiais dos exames son os recollidos na Orde do 31 de xullo de 2014, pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para obtención destas titulacións (DOG número 156, do 19/08/2014, e DOG número 161, do 26/08/2014).
Nas mesmas sedes terán lugar as probas para o manexo de embarcacións de recreo. Haberá dúas convocatorias para realizar os exames teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas. Entre o 5 e o 16 de abril poden matricularse os que queiran examinarse en maio -entre o 10 e o 13-, e do 12 ao 23 de xullo os que prefiran facer as probas en setembro -do 6 ao 10-. Os detalles poden consultarse no DOG do pasado 4 de marzo.
Por último, a Consellería habilitou o mesmo día tres convocatorias para presentarse aos exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer. Ata o 16 de marzo está aberto o primeiro prazo de matrícula, para realizar as probas entre o 12 e o 15 de abril. A segunda convocatoria abrirase o 31 de maio ata o 11 de xuño, para examinarse entre os días 5 e 7 de xullo. A terceira e última convocatoria será a finais de ano; o prazo de matrícula estará aberto entre o 25 de outubro e o 8 de novembro e os exames serán entre o 29 dese mes e o 2 de decembro.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



