Ribadeo, 12 de marzo de 2021. O Concello de Ribadeo adquire catro inmobles a través da figura da expropiación, debido a impagos de multas urbanísticas ou execucións subsidiarias que tivo que realizar para garantir a seguridade e a salubridade públicas. Trátase de propiedades situadas nas rúas Antonio Otero, Deputación, Vispo Veres e Avenida de Asturias.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, contou que “son varios os inmobles que o Concello de Ribadeo está adquirindo a través da figura da expropiación, debido a impagos de multas urbanísticas ou a accións de execución subsidiaria que o Concello tivo que realizar para garantir a seguridade e a salubridade públicas. Son procesos que se alongan no tempo, pero que ao final se os titulares non se fan cargo, ben porque non queren ou ben porque son descoñecidos, a administración local acabamos poñendo estes inmobles ao noso nome”.
O rexedor lembrou que “temos, xa desde hai anos, unha acción que acabamos de rexistrar nestes días, que é un inmoble na rúa Antonio Otero 31, no casco vello de Ribadeo. Este inmoble veuse abaixo e tivemos que actuar subsidiariamente hai uns anos, os posibles propietarios nunca apareceron e finalmente cobramos os traballos a través da adquisición do ben. Entre multas e execucións subsidiarias tiñan unha débeda duns 30.000 euros. Igualmente pasou na rúa Deputación número 1, logo de innumerables advertencias pola falta de seguridade deste inmoble con respecto á vía pública e aos viandantes que puideran pasar por alí, efectuamos unha serie de multas a través de notificacións persoais e de notificacións nos diferentes boletíns oficiais, incluso tivemos que facer unha demolición total dese edificio con cargo a fondos municipais. Os cargos achéganse neste caso aos 40.000 euros e estamos tamén no proceso de adquisición deste inmoble”.
Suárez Barcia engadiu que “fixemos igual na rúa Vispo Veres números 2 e 4, e finalmente nun local da Avenida de Asturias froito do embargo a un promotor inmobiliario, por sancións urbanísticas confirmadas posteriormente pola xustiza, que non fixo o pagamento das mesmas, polo tanto adquirimos ese baixo”.
O alcalde sinalou que “agora todos estes inmobles pasan a titularidade pública e terán diferentes finalidades. Neste último caso do situado da Avenida de Asturias querémolo converter nun espazo polivalente centrado, sobre todo, nas actividades formativas e para o cal xa temos solicitado unha axuda á Xunta de Galicia. Noutros casos optamos primeiramente pola taxación do inmoble e a venda pública a través dunha puxa. Si se venden, os ingresos económicos destas transaccións serán reinvertidos polo Concello en accións de patrimonio do solo onde temos múltiples necesidades como todos os concellos, vías públicas, espazos públicos, mellora nas traídas de auga nas parroquias, etc…”.


























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



