Lugo, 9 de marzo de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que o Ministerio do Interior vai investir 873.127 euros (IVE incluído) na instalación das novas balizas detectoras para mellorar a seguridade viaria na A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco.
Este proxecto da Dirección Xeral de Tráfico supón a instalación de novas balizas detectoras no treito da A-8 situado entre os puntos quilométricos 545,400 e 549,680.
Isabel Rodríguez informou de que a Dirección Xeral de Tráfico xa ten formalizado o contrato coa empresa adxudicataria da obra e destacou que se trata dun novo chanzo no plan do Goberno para reducir os cortes da autovía provocados polas néboas e para garantir a seguridade viaria neste treito da A-8.
A subdelegada agradeceu a implicación dos Ministerios do Interior e de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para resolver o problema de seguridade viaria na A-8 que ocasionan as néboas no alto do Fiouco. Así, lembrou que a iniciativa da Dirección Xeral de Tráfico de instalación das novas balizas é complementaria do innovador proxecto no que traballa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a selección do sistema antinéboa.
Rodríguez explicou que a Dirección Xeral de Tráfico xa formalizou o contrato coa empresa adxudicataria do proxecto que, tal como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado, e á empresa Sistemas y Montajes Industriales S.A. e conta con un prazo de execución de seis meses.
Con esta actuación preténdese que as condicións de seguridade que ofrecerán as novas balizas permitan diminuír a 30 metros a distancia de visibilidade na que é necesario cortar o tráfico pola autovía, actualmente é de 40 metros, o que suporá poder manter máis tempo en servizo a A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco. De acordo cos datos históricos dos que dispón a Dirección Xeral de Tráfico, calcúlase que esta medida permitirá gañar aproximadamente un 75% de efectividade da mesma.
As balizas que instalará a Dirección Xeral de Tráfico actívanse ao paso dos vehículos, de xeito que ao ser detectado un vehículo acéndese unha luz vermella que segue a súa traza, avisando así da súa presenza aos que poidan circulan por detrás para evitar posibles alcances, e outra luz de cor ámbar delimita o trazado da autovía, o que lles serve de guía aos condutores no momento que a néboa comece a causar dificultades na visibilidade.
SISTEMA INNOVADOR DE PROTECCIÓN ANTINÉBOA
Isabel Rodríguez lembrou, ademais, que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana está a traballar no deseño do sistema de protección antinéboa da Autovía A-8. O Mitma inviste máis de 2 millóns na primeira fase do proceso de Compra Pública Innovadora, que consiste no deseño, a construción e a experimentación con prototipos de solucións innovadoras para facerlle fronte a néboa nunha zona de proba anexa ao treito da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.
A Compra Pública Innovadora desenvólvese en competencia por fases temporais que son de carácter eliminatorio, ata seleccionar as mellores solucións para resolver o problema da néboa.
A Fase 1 consiste na demostración da viabilidade das solucións propostas. Nela, cada un dos adxudicatarios debe realizar os estudos e demostracións necesarios que permitan comprobar a eficacia e a viabilidade técnica e económica de cada proposta.
A Fase 2 de construción e experimentación en campo a escala real con 4 prototipos seleccionados na primeira fase, 2 por cada lote, co fin de verificar o correcto funcionamento dos desenvolvementos teóricos nun contorno real nas condicións de néboa características do treito da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.
Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados.
SETE PROPOSTAS
A Fase 1 organizouse en 2 lotes e un total de sete contratos de servizos.
Os tres contratos do lote 1 son para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistema de axuda á condución en situacións de néboa e suporán un investimento total de 722.675 euros (impostos incluídos).
As tres propostas seleccionadas consisten en:
Un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser
Un sistema de sinalización horizontal con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada
Un sistema baseado no uso de balizas intelixentes
En canto ao lote 2, son catro os contratos para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistemas que actúan sobre a néboa mediante o seu illamento, eliminación ou desprazamento. Neles vanse investir 1.317.956 euros.
Neste caso, as propostas baséanse en:
Un sistema de difusión automático por aspersores de materiais higroscópicos
Barreiras aerodinámicas cortaventos de porosidade variable
Estruturas de formigón abovedadas sobre cada calzada con aberturas laterais en toda a súa lonxitude
A combinación de barreiras estáticas e barreiras dinámicas que empregan dispositivos fluido-mecánicos










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



