Viveiro, 12 de marzo de 2021. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, e o presidente da Xunta de Cofradías da Semana Santa, José Veiga, anuncian que este ano non haberá procesións nin se celebrará de forma tradicional a Semana Santa.
A decisión foi tomada de forma consensuada entre o concello e a xunta de cofradías debido á situación epidemiolóxica e tendo en conta as restricións existentes, co obxectivo de evitar as aglomeracións no actual contexto da pandemia do coronavirus.
Para manter viva a tradición, a xunta de cofradías preparou un programa alternativo de actividades que comezará o venres 19, coa presentación do cartel da Semana Santa de Viveiro 2021.
“É unha mágoa e somos conscientes ademais das consecuencias para a hostalaría e o turismo, pero a epidemia impide unha celebración normal; o que queremos é manter viva a esencia desta celebración de Interese Turístico Internacional, co desexo de que a Semana Santa de 2022 podamos xa vivila con normalidade”, asegura a alcaldesa de Viveiro, que agradece “a colaboración da xunta que representa ás sete cofradías e irmandades e unha fraternidade, que albergan a 3.500 cofrades”.
Do 20 de marzo ao 4 de abril, Viveiro celebrará a Semana Santa Virtual ‘Vívela’, con concertos, conferencias e a proxección de procesións e reportaxes en Youtube e nas redes sociais. O venres 26 chegará a quenda da presentación do Libro Programa Pregón, que se edita desde 1947.
Ademáis, en colaboración co centro comercial do casco histórico se ambientarán os locais con motivos de Semana Santa e a praza Maior acollerá unha exposición de fotografías da Semana Santa de Toño Goas.
Ampliase por outra parte a exposición permanente do Claustro de San Francisco cunha colección de fotografías da Semana Santa desde principios do século XX, haberá un programa de cultos nos templos da unidade pastoral (cumprindo as limitacións de aforo) e unha conferencia preparatoria para a Semana Santa a cargo do administrador diocesano Antonio José Valín Valdes.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



