Burela, 13 de marzo, 2021. A liga de Primeira Feminina regresaba a Vista Alegre esta tarde, despois de máis de dous meses, cunha cita de máxima igualdade na que as Guerreiras non conseguiron imprimir a intensidade necesaria fronte ao ritmo lento que favorecía a profundidade do banco visitante. As Guerreiras selaron táboas ante o segundo do Grupo B, Torreblanca Melilla CF (2-2), cunha primeira parte na que custou xerar perigo en ambos os lados, con eficacia tan só en estratexia. Tras non poder aproveitar dous dobres penaltis e cunha continuación goleadora nas dúas redes, as mariñás non deixaron de tentalo; a pesar da superioridade tras a expulsión de Fernanda e da opción de porteira xogadora local, o tanto da vitoria non puido quedar na Bombonera.
Volveron gozar dun grande inicio as da Mariña, continuando co guión das últimas xornadas, estreando a conta goleadora xa no minuto 3, sentenciando Cami ao segundo pau o saque de banda de Peque. O primeiro perigo do Melilla protagonizouno Bia no 5 nunha rápida triangulación, aínda que non puido controlar o esférico fronte a Jozi. Tras a estrea con garra de Luísa Mayara na Bomboneira poñendo a proba a Sara Soares, o Torreblanca atopou o empate, tamén en estratexia, cun saque de esquina finalizado por Bia. Con máis de oito minutos da primeira parte o Melilla cargouse de faltas. Con todo, non puideron aproveitar as burelistas para recuperar a iniciativa nos dobres penaltis de Elena Aragón, que se lle foi fóra, e Peque, cun pé prodixioso de Sara Soares. Mereceron o segundo na recta final as de Julio Delgado, aínda que nin Jane, no 17, nin Bea Mateos, no 19, perforaron a rede, nunha primeira parte que recibiu o tempo de descanso acariñando o pau nunha picada de Ale de Paz.
As Guerreiras reaccionaron á perfección fronte á vantaxe visitante. En menos dun minuto, tras o tanto de Emilly superando a Cami e Jozi, Peque puxo o 2-2, en xogada individual cun disparo raso pegado ao pau, aproveitando precisamente un erro da 99 visitante. Non deixou de tentalo o equipo de Julio Delgado e Lucas, con máis posesión e ocasións. De novo, o Pescados Rubén rozou o terceiro en estratexia, cun balón que quedou demasiado frouxo a Dany ao segundo pau. Tras a boa chegada de Bia que resolveu Jozi, as mariñás dispuxeron de superioridade numérica coa segunda amarela de Fernanda, a falta de 4 para o final. Cami e Luísa Mayara probaron por partida dobre. Jane no 38 sorteou a Sara Soares pero non puido culminar a fazaña. Saltou entón Bea Mateos como porteira xogadora para ir a por a vitoria con 2’17” por diante; tentárono ata o final as laranxas pero a igualada, a segunda da tempada, aferrouse ao luminoso.
Alcorcón e Móstoles, en Vista Alegre
As Guerreiras, continuando no cumio, terán dobre compromiso a próxima semana en Vista Alegre recuperando a xornadas aprazadas ante Alcorcón (venres 19, 19.30 horas) e Móstoles FS (domingo 21, 13.00 horas).
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira, Dany, Peque, Cami, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Lara Balseiro, Jane, M. Cortés, Bea Mateos, Elena Aragón, Luísa Mayara
Torreblanca Melilla CF: Sara Soares, Julia, Fernanda, Bia, Emilly, cinco inicial; tamén xogaron Jacke, Maldonado, Fabi, María Soto
Goles: 1-0, minuto 3, Cami; 1-1, minuto 11, Bia; 1-2, minuto 22, Emilly; 2-2,minuto 23, Peque
Árbitros: Carreira Romero // Martínez Torres. Por Burela amarela para M. Cortés (minuto 7), Luísa Mayara (minuto 27), Cami (minuto 29). Por Melilla amarela a Fabi (minuto 28), Fernanda (minuto 32 e 36)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira División Feminina disputado en Vista Alegre de Burela. Minuto de silencio inicial polo falecemento de Miquel Jaume Rog, presidente do Palma Futsal.























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.


