Cervo, 1 de abril, 2021. O Concello de Cervo eximirá ao pequeno comercio do pago recibos da auga, do lixo e do saneamento durante 6 meses, a contar desde o mes de xullo “coincidindo co período, por norma xeral, de maior consumo”.
Así o anunciaron hoxe o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Facenda, Dolores García Caramés, que precisaron que a medida, que suporá un aforro de entre 200 e 600 euros en función da actividade que se desempeñe, beneficiará a medio cento de emprendedores do municipio”.
Villares e Caramés recoñeceron que levan tempo traballando en coordinación co servizo de tesourería e recadación para poder facer extensible a supresión da taxas, que inicialmente só se ía aplicar ao sector hostaleiro, a todo o pequeno comercio; “e hoxe podemos garantir que a exención, que implica unha modificación das distintas ordenanzas municipais, será unha realidade no verán”, e incluirase xa na orde do día do próximo pleno ordinario que se celebrará neste mes de abril.
O rexedor e a edil gabaron a profesionalidade dos pequenos empresarios que se foron adaptando a todas as medidas de prevención e seguridade que se foron aplicando para frear o avance do COVID-19 que golpeou fortemente a súa actividade e minou notablemente os seus ingresos; tentando contribuír así ao impulso dunha actividade económica que é fundamental no noso municipio”.
Por esixencias normativas, a partir do mes de xullo e con carácter bimensual, emitiranse recibos por un valor absolutamente simbólico de ao redor dun euro; á marxe do canon autonómico da auga.
A medida súmase ao plan de reactivación económica e social dirixido a todas as persoas autónomas do Concello que se puxo en marcha no pasado exercicio.
O pequeno comercio de Cervo eximido tamén de pagar as taxas de auga, lixo e saneamento durante 6 meses

Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.