Burela a 29 de abril de 2021. Os concelleiros do PP de Burela lamentan que “a estas alturas do ano, a piques de entrar en maio, nada se sabe dos presupostos municipais do Concello de Burela para o 2021 cando noutras localidades xa están aprobados e se están a executar”. Con todo, os populares indican que “esta situación que debería ser inaudita, non para de repetirse na nosa vila ano tras ano nun intento de normalización da mesma por parte do goberno local socialista que o único que reflexa é unha mostra máis da falta de traballo, tanto do Sr. Llano como do resto do seu equipo”.
O Grupo Municipal Popular vén de esixirlle por escrito ao goberno municipal, “xa que nada se nos informou ata o de agora, que os elabore de inmediato e que convoque o pleno para o debate dos mesmos para antes dun mes”.
Dende o PP lembran que “sen os presupostos municipais aprobados, non poden repartirse axudas de ningún tipo, nin para o comercio, nin para a hostalaría, nin para as familias ou asociacións, xa que son o documento básico sobre o que pivotan tódalas accións municipais. Hai que ter en conta que, se non se elaboran xa, sendo conscientes do procedemento administrativo para a súa aprobación definitiva, o orzamento municipal para o presente ano non poderá ser aplicado ata, cando menos, mediados do verán, algo que, novamente poñerá en xaque a vida municipal de Burela”.
“Non foron poucas veces nas que, dende o PP de Burela, advertimos que a falta de traballo e a actitude do Sr. Llano e do seu equipo de goberno, estaban a sumir nun pozo sen fondo á veciñanza de Burela e, do mesmo xeito, non foron poucas as veces nas que o Sr. Llano escusou a súa total inoperancia e a do seu equipo culpando a outros. Dende o PP estamos expectantes por ver a quen culpa nesta ocasión o Sr. Llano pola non elaboración dos presupostos municipais a estas alturas do ano, empuxando un pouco máis cara ao abismo á veciñanza de Burela”, conclúen.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).