Un escrito meu de 2016 no que aparece a frase titular, relido, reafírmame no dito: se o ben é común, só unha xestión común pode asegurar unha preservación dos dereitos de todos. Coido que é algo lóxico. Non se trata de que cada quen coide o seu, senón de coidar o de todos entre todos. É dicir, que cada sociedade coide do seu. E todos somos sociedade en tanto somos persoas. Fai falta especificar que sen sociedade non se pode vivir como persoas?
Hai veces que nos costa coidar do noso. Sabémolo. Máis aínda en circunstancias como que algo veña a nós como herdanza. Neses casos, hai xente que sinxelamente non lle dá valor máis que para o aproveitamento inmediato. Nin valor sentimental nin de custe para a súa consecución, nin cun encaixe que valorar no seu mundo. E iso pasa tamén coas chamadas conquistas sociais, cos dereitos que levou moito traballo que fosen recoñecidos, traballo de xentes anteriores a nós. Traballos que non vimos, non vivimos, e dos que se asoma unha sombra de inconsciencia pola nosa parte. De non conciencia de que existiron, pero tamén de non consciencia da súa necesidade ou do valor do seu froito.
O exercer os nosos dereitos leva consigo obrigas. A primeira, os traballos de mantemento deses propios dereitos. Toda estrutura tende a deteriorarse co tempo, é unha lei física relacionada coa ‘entropía’. Para evitar ese deterioro, esa desconfiguración, a física tamén nos di que necesitamos poñer enerxía en xogo. É algo natural. E quizais por ser natural, esquecémolo, do mesmo xeito que temos que estudar en primaria que a auga é insípida, que xa estamos tan afeitos a ela que non valoramos un sabor, que é un sabor esquecido, que ‘non existe’. Que se ten un sabor que identificamos, é que non é natural, non é a auga á que estamos afeitos, que desconfiemos dela… En cambio, non se nos afai a estudar que para que os ríos baixen limpos, despois da expansión humana, fan falta traballos de mantemento, de conservación, de vixilancia. E é que un ben fundamental para a vida como a auga, necesita de coidados, como a vida mesma. Algo que tamén temos que reaprender.
En tempos, que algo levara o adxectivo de ‘público’ era equivalente a dicir ‘para a comunidade’, entendido como ‘da comunidade’, da sociedade. Hoxe, non. Parece como se quedara reducido a ‘para unha parte da sociedade’ xestionado por a parte-cabeza da sociedade. De aí que, ante o cambio de significado que se lle atribúe, a palabra ‘comunitario’, ou o ‘ben común’ sexa usado en substitución de ‘público’ e ‘ben público’, asumindo a carga de sentido de que hai dereitos e deberes asociados, dereitos a defender e deberes a non escaquear ou pasar a outra xente. Un caso: o significado dos impostos non como algo imposto, senón como unha necesidade de mantemento do ben común, algo que é aproveitado por todos na medida das necesidades de cada quen, e ó que cada quen aporta na medida das súas posibilidades. Os impostos non son un xesto bondadoso do estado que se poda eliminar, senón a cobertura dunha necesidade que hai que xestionar. Non son algo público que se poda ceder, senón algo común que por selo, abrangue un amplo abano de puntos, dende a eficacia á ética. A venda da rebaixa de impostos por parte de políticos só se pode contemplar a partir do afogamento do ben común ou unha fase posterior, o agasallo do ben común a particulares favorecidos. Porque non nos enganemos, rebaixa de impostos non vai asociada con mellora da xestión ou con menos necesidades, salvo raras excepcións. E caso de que ocorra algunha desas dúas circunstancias, o normal sería que se aproveite o excedente para cubrir outras necesidades aínda non cubertas, para facer outras melloras do ben común, que quen se poda colgar a medalla da boa xestión teña claro o seu servizo á comunidade (particular e dos fondos que administra) e actúe en consecuencia.
Pero, os políticos teñen a súa parte, e nós, como cidadáns, como comuneiros da nosa sociedade, tamén temos a nosa, en conxunto social e por separado como persoas constitutivas desa sociedade. Ou non? Que non nos comportamos así? Pois logo, se non o facemos, a sociedade, falta de mantemento do tipo que sexa, resentirase no seu devir.
En Ribadeo, a 1 de maio de 2021.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



