Instaláronse 12 novas torretas que permiten dotar de servizos básicos ás 130 prazas de embarcacións coas que conta o porto
Ortigueira, 28 de abril de 2026. O Concello de Ortigueira anuncia a finalización dos traballos de mellora nas instalacións do porto deportivo, onde Portos de Galicia procedeu á instalación de doce novas torretas de subministración de auga e electricidade. Esta actuación concluíu esta mesma semana.
A intervención permitiu dotar de servizos básicos as 130 prazas para embarcacións de lecer coas que conta actualmente o porto de Ortigueira. Con esta renovación dáselle cumprimento a unha demanda trasladada polo propio Concello e polos usuarios habituais dos pantaláns, que solicitaban unha modernización dos sistemas para ofrecer un mellor servizo.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destacou que “estos trabajos son una muestra del compromiso institucional por mantener unas instalaciones de primer nivel que no solo benefician a los vecinos, sino que también potencian el atractivo turístico y náutico de la villa”.
Calvín sinalou que a culminación destas tarefas representa un paso adiante moi importante para o porto deportivo posto que, segundo as súas palabras, “gracias a esta inversión se ofrece una respuesta a los usuarios de los pantalanes que ahora cuentan con unas instalaciones mucho mejores”.
O investimento total desta actuación ascendeu a 15.000 euros.

















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



