Cervo, 29 de abril, 2026. O Concello de Cervo acollerá este venres, 1 de maio, en horario de mañá, a II Xornada de Aire Libre de Atletismo Concello de Cervo, organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello. A cita reunirá nas pistas da Veiga a máis de 200 atletas de diferentes categorías procedentes de toda Galicia.
Na presentación oficial participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o delegado da FGA en Lugo, Pablo Gandoi, quen destacaron a importancia desta competición para seguir impulsando o deporte base e consolidar o municipio como sede de referencia para probas atléticas.
A rexedora subliñou “a firme aposta do Concello de Cervo polo atletismo e polo deporte en xeral, apoiando eventos que dinamizan o municipio, fomentan hábitos saudables e atraen a numerosas persoas deportistas e acompañantes”. García Caramés tamén puxo en valor a colaboración institucional coa federación e salientou “as excelentes condicións das instalacións deportivas municipais, que permiten acoller competicións oficiais do calendario galego”.
Esta segunda xornada servirá para que moitos atletas poidan buscar as súas mellores marcas e acadar rexistros que lles permitan clasificarse para os distintos campionatos autonómicos e nacionais da tempada ao aire libre.
O programa inclúe probas homologadas tanto en pista como en concursos, fundamentais para completar o calendario competitivo, especialmente nas categorías de base, pero tamén para deportistas de maior nivel que precisan marcas mínimas de acceso a campionatos estatais.
A participación abrangue desde a categoría Sub10, con probas como os 500 e 1.000 metros lisos, ata a categoría absoluta, converténdose nunha oportunidade para ver en acción tanto novas promesas como atletas consolidados do atletismo galego.
Entre os nomes destacados figuran deportistas da Mariña como Pedro Moirón, recente subcampión de España en pista cuberta, que tentará lograr a mínima nos 1.500 metros obstáculos; e a atleta internacional cervense Olga Vicente, que competirá na casa nas probas de 400 metros valados e 80 metros valados.
Desde o Concello subliñan que continuarán traballando para atraer citas deportivas de primeiro nivel, reforzando a imaxe de Cervo como destino vinculado ao deporte, á convivencia e á promoción de estilos de vida saudables.
A celebración desta xornada volve situar as pistas da Veiga como un referente do atletismo no norte de Galicia e como un escenario idóneo para acadar grandes rexistros de cara ás próximas citas oficiais do calendario galego e estatal.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



