Viveiro, 29 de abril, 2026. Baixo o lema “Unha Rede na que estarás sempre acompañado”, presentouse hoxe en Viveiro o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Mondoñedo, nun encontro organizado en colaboración coa Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro.
O evento incluíu unha sesión de networking na que se abordaron temas clave para o tecido empresarial local: os servizos que ofrecen os Polos de Emprendemento a negocios en activo, ás persoas que están a valorar iniciar un proxecto e tamén a aquelas que buscan dar continuidade ao seu negocio ante unha próxima xubilación.
Os Polos de Emprendemento forman unha rede que traballa para impulsar e consolidar proxectos vinculados ao territorio. Ofrecen asesoramento especializado tanto a novos emprendedores como a empresas xa establecidas que afrontan novos retos ou precisan apoio para avanzar nos seus obxectivos.
O equipo técnico destes Polos está formado por profesionais de primeiro nivel que aplican unha metodoloxía común, validada e adaptada a cada proxecto. Acompañan ás persoas emprendedoras en todas as fases: desde a definición inicial da idea ata a etapa de remuda, facilitando a continuidade de negocios que están próximos ao peche por xubilación.
Durante a charla explicouse tamén o funcionamento do servizo de transmisión de negocios e os detalles do Bono para a Remuda Xeracional. Na web oficial —www.polosemprendemento.gal— as persoas interesadas poden consultar un “escaparate” con negocios que buscan relevo.
Pola súa parte, a xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro destacou a importancia do asociacionismo e o papel das asociacións de comerciantes na dinamización comercial, o asesoramento e a representación do sector. Subliñou que, mentres os pequenos negocios teñen unha capacidade limitada cando actúan de forma individual, formar parte dun colectivo multiplica a súa visibilidade, resiliencia e capacidade de negociación.
Ademais das súas propias actividades, estas asociacións colaboran con entidades deportivas, culturais, sociais e educativas, contribuíndo a manter viva a vida da vila e reforzando o tecido comunitario.
O encontro rematou cun café no que os asistentes puideron intercambiar experiencias e establecer sinerxías nun ambiente máis distendido. Un paso máis para tecer redes e impulsar o tecido empresarial de Viveiro.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



