Madrid, 28 de abril de 2026. O senador do PSdeG César Mogo criticou o que cualificou como un “non por duplicado” do PP a unha medida que, segundo explicou, beneficiaría directamente ás profesionais do marisqueo. O parlamentario lembrou que os populares non só votaron en contra hoxe no Senado, senón que tamén evitaron comprometerse a apoiala cando o proxecto de lei chegue ao Congreso.
Durante a Comisión de Pesca celebrada esta mañá, o PP rexeitou o acordo proposto polo Grupo Socialista para respaldar o pacto entre o Goberno e o sector do marisqueo sobre a exención de cotas ás mariscadoras. Ademais, negouse a garantir o seu apoio cando a medida se tramite na Cámara Baixa.
Segundo explicou César Mogo, autor da iniciativa socialista, trátase dun “dobre rexeitamento”, xa que —afirmou— os populares se opoñen tanto a prestar apoio no Senado como no Congreso. O senador insistiu en que isto supón “un non por duplicado ás mariscadoras”.
Mogo pediu aos representantes do PP que se posicionasen do lado das profesionais do mar e que retirasen unha moción que, segundo indicou, reclamaba algo que o Goberno xa tiña comprometido. Lamentou que, co único obxectivo de “enlamar o debate”, os populares “deran as costas ao sector”.
O senador galego criticou tamén o que cualificou como unha “chapuza”, ao presentar o PP “o mesmo día” unha moción sobre este asunto no Parlamento de Galicia e “outra distinta” no Senado. Afirmou que, en lugar de “despotricar contra un Goberno que lles deu unha solución ás mariscadoras”, deberían “facer algo por elas”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



