A Casa da Cultura de Burela será o escenario dun encontro que reúne centros educativos, maiores e entidades sociais
Burela, 28 de abril, 2026. Este xoves 30 de abril celébrase na Casa da Cultura de Burela o “Congreso da infancia e a adolescencia: sustentabilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, promovido pola Fundación Expomar co cofinanciamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e da Xunta de Galicia a través do GALP A Mariña-Ortegal.
A apertura do encontro correrá a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde; da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López; e do concelleiro do Mar, Ramiro Fernández. O congreso desenvolverase en dúas sesións: unha xornada de mañá, desde as 10:00 h, orientada aos centros educativos, e unha sesión de tarde, desde as 17:00 h, aberta tamén ao público adulto.
O evento servirá para presentar o resultado dos traballos realizados desde outubro de 2025, nos que participaron diferentes sectores e xeracións: centros de ensino, centros de maiores e entidades de inclusión social. Todo este proceso materializarase en relatorios e mostras de artesanía, cultura, medio ambiente, literatura e gastronomía.
As persoas asistentes recibirán como agasallo pezas elaboradas pola Fundación Eu Son e Saúde Mental A Mariña dentro da actividade Arte Mareiro, integrada no proxecto. Trátase de bolsas de tea e figuriñas dun faro, deseñadas e producidas especificamente para o congreso.
O “Congreso da infancia e a adolescencia” reunirá este xoves a centos de participantes da denominada ‘Xeración Peixe’, poñendo o broche final a un proxecto co que a Fundación Expomar busca consolidar a promoción do sector pesqueiro mediante a implicación de toda a sociedade: administracións, profesionais da pesca, centros de maiores, centros educativos e gastronomía.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


