Está previsto que a actuación se adxudique no último trimestre do ano e o prazo de execución será de doce meses
Viveiro, 28 de abril de 2026. Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, celebrou o acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autoriza a licitación das obras de protección contra a contaminación acústica na LU-862, ao seu paso polo municipio. A actuación mobilizará un investimento de 692.599,29 euros que permitirá actuar en dous treitos urbanos que suman algo máis de 1,5 quilómetros de lonxitude.
A rexedora puxo en valor o alcance dunha intervención que considera especialmente relevante para mellorar a calidade de vida da veciñanza nunha vía con elevada intensidade de tráfico. «É unha moi boa noticia para Viveiro e para moitas persoas que conviven cada día co paso continuo de vehículos por estes treitos urbanos. Falamos dunha actuación importante, esperada e moi necesaria, que vai permitir reducir o ruído e mellorar tamén as condicións de circulación e seguridade», sinalou Mariña Gueimunde.
A actuación desenvolverase nun primeiro tramo que comeza no punto quilométrico 83,650 e ten unha lonxitude de 1.350 metros, e nun segundo que comeza no punto quilométrico 86,170 e suma 230 metros. O proxecto inclúe a reposición do firme da calzada e dos aparcadoiros, coa incorporación dunha capa fonoabsorbente, así como o repintado das marcas viarias para diminuír o ancho dos carrís onde sexa posible, gañar espazo central e contribuír ao calmado do tráfico. Tamén se prevé a redución da velocidade a 40 quilómetros por hora e a mellora dunha intersección ao final do segundo tramo, no punto quilométrico 86,910.
A alcaldesa destacou que se trata dunha medida que responde a unha demanda lóxica nunha contorna urbana especialmente sensible ao impacto do tráfico rodado. «Todo o que supoña avanzar na mellora da mobilidade, na seguridade e no benestar da veciñanza ten que ser ben recibido. Neste caso, ademais, estase actuando nunha vía moi relevante para Viveiro, cun tráfico diario moi intenso, polo que esta intervención terá unha repercusión directa no día a día de moitas persoas», indicou.
A Xunta sinala que nalgúns treitos da LU-862 ao seu paso por Viveiro a intensidade media diaria supera os 13.300 vehículos. O Goberno galego prevé licitar as obras nas vindeiras semanas, co obxectivo de adxudicalas no derradeiro trimestre do ano. O prazo de execución previsto é de doce meses e o financiamento procederá do Programa operativo Feder 21/27.
Mariña Gueimunde quixo subliñar tamén a importancia de que Viveiro continúe recibindo investimentos que contribúan a mellorar as súas infraestruturas e a dar resposta ás necesidades reais do municipio. «Cada paso que se dá para mellorar os servizos, as comunicacións e a calidade de vida en Viveiro é unha boa noticia. E esta é unha actuación que vai nesa dirección, polo que cómpre recoñecela e poñela en valor», concluíu.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



