Foz, 29 de abril de 2026. Acia Foz-CCA sorteará unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai, que daba comezo o pasado 24 de abril e que se prolongará ata o 5 de maio.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, animou a facer as compras desta especial data no comercio local: “en Foz contamos cun comercio moi variado no que atopar todo o que precisamos para agasallar e sorprender ás mamás o vindeiro domingo”.
Aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio de Foz entre o 24 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo dunha obra de arte doada por unha artista local e 400 euros en vales de compra, repartidos en catro premios de 100 euros cada un. O sorteo terá lugar o 8 de maio en Radio Foz.
Paleo engadiu: “ademais de regalar agardamos que a xente aproveite a ocasión para celebralo na hostalería local”.
Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.
A favor da AECC
Acia Foz-CCA colabora por noveno ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolve ata o 11 de maio.
Nos establecementos participantes hai huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña. O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, declarou que “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta iniciativa que levamos adiante por noveno ano consecutivo”.
Euro solidario está organizada por Acia Foz-CCA a beneficio da AECC coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.
























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



