Lugo, 25 de abril de 2021. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo reclamará á Xunta o vindeiro martes, a través dunha moción no Pleno da Corporación provincial, que facilite e axilice o traspaso de competencias, funcións e custes dos servizos sanitarios que prestan os concellos da provincia de Lugo no menor tempo posible, a través do mecanismo acordado ca FEGAMP.
Na proposta socialista sinalase, que o pasado mes de marzo aprobouse no Parlamento de Galicia unha iniciativa socialista sobre saúde mental, na que se acordou a través da FEGAMP: “iniciar o procedemento de incorporar ao Sergas ós profesionais e servizos sanitarios de saúde mental que prestan os servizos dependentes das administracións locais, para ordenar a atención e que dependa do organismo competente en asistencias sanitaria que é a Administración autonómica”.
O PSdeG explica que “esta proposta recolle unha reivindicación das administracións locais que asumen, entre as súas funcións, incorporar nos seus planteis de persoal sanitario e manter centros e infraestruturas que dan servizo sanitario, como poden ser os Servizos de Prevención e Asistencia a Drogodependentes (SPAD)”.
Así as cousas argumentan que “esta reivindicación pretende reordenar as competencias e o gasto que se asume para desenvolvelas, facilitando que o conxunto dos servizos sanitarios corresponda ó organismo competente que é a Xunta de Galicia, liberando ós concellos de gastos que, a día de hoxe, a Xunta financia dun xeito insuficiente, xerando unha disfunción administrativa non axeitada”.
É necesario un maior compromiso público
Hai que advertir ademais que “o modelo de atención ás drogadiccións da Xunta baséase na asistencia ambulatoria e, nos casos extremos de deterioro da saúde, na deriva hospitalaria. Historicamente, a Xunta ten deixado a atención residencial, isto é, o internamento en centros de desintoxicación, nas mans de entidades do terceiro sector. Por iso é necesario un maior compromiso público neste eido, máxime nunha situación de pandemia como a que estamos vivindo”, explican.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



