Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021. O Tribunal de Contratación Pública de Galicia (TACGal) atendeu as medidas cautelares solicitadas pola Federación de Construción e Servizos de CCOO e suspendeu a contratación do servizo de atención ao peregrino, limpeza e xestión de cobro nos máis de setenta albergues públicos e puntos de información. O sindicato, que denuncia «erros graves» na parte económica nos pregos de contratación, congratúlase da decisión, que non afecta ao prazo de presentación de ofertas.
Un destes erros está no capítulo económico, pois unicamente se tivo en conta convenio provincial da Coruña, malia que o ámbito da licitación abrangue toda Galicia, polo que se omitían os convenios das restantes provincias. Isto prexudicaría especialmente no caso de Pontevedra, cuxas táboas salariais son máis elevadas, e provoca un erro de cálculo dos custos salariais do conxunto da licitación.
Canto ás condicións técnicas, o prego sinala que as tarefas de limpeza se farán fóra da xornada de apertura dos establecementos —que abren de 13 a 22 horas—. Isto obrigaría, forzosamente, a incrementar a xornada laboral diaria e anual moi por riba do legal e sen compensación económica.
Do mesmo xeito que xa aconteceu con outros concursos públicos recorridos con éxito por CCOO, esta licitación tampouco prevé ningunha partida adicional para o custo económico que representa a aplicación dos protocolos de prevención fronte á covid, especialmente no que atangue aos equipamentos de protección individual (EPI). CCOO sitúa en case cen mil euros anuais o investimento necesario neste capítulo, ao redor de catrocentos mil durante a duración do contrato.
Datos laborais
Os 74 albergues do Camiño de Santiago empregan a 116 persoas, o 80 % mulleres. O servizo de atención ao peregrino, limpeza e xestión de cobro licítao a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, organismo público tutelado funcionalmente pola Axencia de Turismo de Galicia.
Estes albergues están espallados nos sete itinerarios declarados en Galicia como Camiño de Santiago, situados ao longo de 1300 km e que en 2019 acolleron a máis de 305.366 persoas de múltiplas nacionalidades.




















Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



