Viveiro, 17 de abril de 2021. O Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos, co fin de fomentar neles o gusto por esta arte que tanto arraigo ten no municipio.
“A promoción e formación cultural é para nós unha prioridade de goberno e queremos iniciar aos nenos e nenas na música, o teatro ou a lectura desde idades moi tempranas cunha ampla programación”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Haberá un Curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2014, baseado na idea de aprender xogando a través de diversas actividades musicais; e un Curso de Iniciación ao Instrumento para os instrumentos de frauta traveseira, gaita, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba e violonchelo. Dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos, supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para nenos/as sen coñecementos musicais.
Establécese un prazo de inscrición dende o 26 ata o 29 de abril. As prazas son limitadas. A inscrición realizarase na secretaría do Conservatorio de Música e para calquera información pódese chamar ao teléfono 982 560486.
Esta actividade desenvolverase seguindo as medidas e limitacións establecidas pola autoridades sanitarias para este tipo de eventos.


























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



