Lugo, 3 de maio de 2021. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora, a través da área de Deportes, coa Asociación Motorista Lucense na organización da Ruta Castrexa, que se celebrará o 29 de maio.
A proba, que puntúa para a Copa de España de Mototurismo, conta cun percorrido de 450 quilómetros, con punto de saída e chegada en Lugo e cun itinerario que percorre distintas comarcas, seguindo o trazado de diferentes rutas xacobeas.
Ao longo do percorrido establécense dez puntos de selado e fotografía, lugares nos que as moteiras e moteiros terán que parar e selar os seus pasaportes de ruta para acreditar que completan a proba.
Os puntos de paso obrigado para as persoas participantes son o Museo Juan López Mella -na cidade de Lugo-,O Cebreiro, Sarria, Portomarín, Friol, o Castro de Viladonga -no concello de Castro Riberas de Lea-, Mondoñedo, Trabada, Os Baos -no concello da Ribeira de Piquín- e A Fonsagrada. Así, percorrerán treitos do Camiño Francés, do Camiño Norte e do Camiño Primitivo.
Na presentación da proba, esta mañá na Praza de San Marcos, o deputado de Deportes destacou as sinerxias entre deporte e turismo, especialmente en modalidades como o mototurismo que, unha disciplina en auxe que, con esta proba, ofrece aos afeccionados e afeccionadas a oportunidade de desfrutar do patrimonio natural e cultural das distintas comarcas, desde A Mariña ata Sarria, desde a perspectiva privilexiada que ofrecen as motos”.
Efrén Castro agradeceu “o esforzo feito pola Asociación Motorista Lucense por sacar adiante a proba, e conseguir a súa inclusión no calendario estatal, nun momento especialmente complicado para a organización destes eventos” e amosouse convencido de que “a experiencia será un bo puno dd partida para que a proba siga medrando de cara a outras edicións”.
No acto participaron Manuel Arias e Yolanda Vázquez, piloto e copiloto, membros da Asociación Motorista Lucense, que lideran as súas respectivas clasificacións tras a disputa das tres primeiras probas da Copa de España.
Arias animou a participar na Ruta Castrexa, incidindo na posibilidade de coñecer lugares afastados das estradas principais, como a parroquia dos Baos na Ribeira de Piquín ou o conxunto arqueolóxico de Viladonga. “A nosa experiencia nas probas disputadas ata agora, por distintos puntos de España, levounos a coñecer lugares e paisaxes aos que, doutra maneira, seguramente non chegariamos”.
A inscrición estará aberta ata o vindeiro 19 de maio, tanto para as persoas participantes na Copa de España, que terán que complementar o procedemento a través da web da Federación Española de Motociclismo (rfme.com) , como da páxina web da Asociación Motorista Lucense (motoristalucense.com).
A celebración desta proba supón devolver Lugo aos calendarios das probas estatais de motociclismo, un deporte que tivo importantes referentes na provincia como o de Juan López Mella, a quen se homenaxea coa inclusión do seu museo entre os puntos de selado da proba.
Percorrido
O punto de saída, ás 9.00 horas, será no Centro Comercial As Termas. As motos partirán cara a cidade de Lugo para visitar o museo de Juan López Mella, bicampión de España de Superbikes e mellor privado no Campionato do Mundo de 500cc, falecido en 1995 con 30 anos. De Lugo, dirixiranse ao Cebreiro para continuar ruta pola LU-633 pasando por Triacastela, Samos, Sarria, Paradela e Portomarín, seguindo o itinerario do Camiño Frances.
Desde Portomarín, os moteiros partirán cara Friol, onde se prevé a parada para xantar. Dirixiranse logo cara o Castro de Viladonga, punto de selado e visita recomendada pola organización ao conxunto arqueolóxico. Mondoñedo e Trabada serán os seguintes puntos de referencia no percorrido, que continuará cara a Ribeira de Piquín, concretamente, cara á igrexa dos Vaos. Os moteiros e moteiras terán que fotografarse no atrio antes de continuar percorrido cara a Fonsagrada. Volverán a Lugo pola LU-530, carretera por excelencia de motoristas.
Copa de España de Mototurismo
A Ruta Castrexa é unha das dez incluídas no calendario da Copa de España de Mototurismo 2021. Será a quinta proba en disputarse despois de celebrarse nos últimos meses a Ruta Sudoeste, en Huelva; a Ruta 999 entre Valencia, Castellón e Teruel, e Madrid Km.0, por estradas de Madrid e Segovia. A vindeira fin de semana disputarase a Ruta 7 Castells,en Valencia.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



