Lugo, 18 de maio de 2021. O goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, está empeñado en usar os cartos deste organismo máis para a súa promoción política que para impulsar a economía da provincia. As medidas que está aplicando teñen, claro, aspectos positivos, pero son moi escasas en canto a dotación orzamentaria e non inclúen as moi necesarias axudas directas ao tecido produtivo. O portavoz popular, Javier Castiñeira, pon como exemplo de cal é a realidade destas iniciativas o programa Coñece a Túa Provincia, dotado con 106.000 euros, dos que 18.000 euros son, literalmente, para regalos institucionais.
O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Vemos moi positivas algunhas das medidas impulsadas pola Deputación de Lugo, co presunto obxectivo de dinamizar a economía da provincia. Pero, como vimos denunciando, son absolutamente insuficientes. Nada que ver cos 7 millóns de euros dos que nada sabemos do plan Impulsa. Por un lado, porque faltan as axudas directas que vimos solicitando dende hai case un ano, que serían as máis importantes para reactivar o tecido económico da nosa provincia, algúns dos sectores que están en moi mal momento. Por outro lado, accións como os bonos Impulsa, que é unha acción que vemos moi interesante, copiada da iniciativa da Xunta, está dotada cunha cantidade moi escasa, moi pequena; a Deputación apenas inviste no comercio de proximidade 500.000 euros en bonos, nada que ver cos 10 millóns de euros da Xunta para Galicia”.
Para o PP, “outro programa interesante é o Coñece a túa Provincia, que é unha copia reeditada do KM0, no que neste caso a Deputación so inviste neste ano 106.000 euros, dos cales 18.000 son para regalos institucionais”. Castiñeira sinala: “É unha auténtica tomadura de pelo. Por iso, o PP non pode estar satisfeito con este inexistente ou engordado Plan Impulsa; vemos que para a economía da provincia se usan moi poucos cartos e se da moita propaganda, pero en cambio para outras cousas interesantes para o goberno como é o toma política as axudas a un sindicato, en concreto, a UGT, con 20.000 euros, se fai con moi pouca propaganda, pola porta de atrás, pero si se dan cantidades importantes, que xeran un grave agravio comparativo e malestar con outras forzas sindicais. Esas son as desproporcións que denuncia o PP que ten este goberno da Deputación: moita política, moita propaganda e inxustiza á hora de repartir os recursos públicos”.
.



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



