Lugo, 12 de maio de 2021. A provincia precisa solo industrial. Para cubrir esta necesidade, a desaparecida sociedade provincial Suplusa estableceu convenios con distintos Concellos. A Deputación non acepta agora cumprir os compromisos adquiridos por Suplusa. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, lembra que “varios concellos, antes da disolución de Suplusa, solicitaron por escrito que a Deputación mantivese os convenios para desenvolver solo industrial nos seus respectivos municipios, que tiñan firmados coas sociedade urbanísticas provincial; un deses concellos é Triacastela, que está intentando sacar adiante un plan especial para dotar a esta localidade dun polígono que poida ser un revulsivo da economía local”. Castiñeira, xunto cos tamén deputados provinciais José Antonio García e Óscar Poy visitou, na mañá de hoxe, en compañía da alcaldesa, Olga Iglesias, os terreos nos que se ubicará o parque empresarial.
Castiñeira explica: “Ao non prosperar a petición do grupo provincial do PP, para que a Deputación se fixese cargo dos convenios comprometidos por Suplusa no seu día con todos estes concellos, o de Triacastela tivo que usar fondos do Plan Único que podería usar para outras inversións e custear o plan especial para o novo polígono. É inxusto e unha actitude incomprensible do goberno da Deputación, que herdou 4,3 millóns de euros de Suplusa, máis case cinco millóns pendentes de debedores, precisamente para afrontar e financiar esas actuacións a favor do desenvolvemento industrial dos pobos da provincia”.
Os populares destaca que “como Triacastela existen máis dunha trintena de concellos aos que a Deputación de Lugo, coa disolución de Suplusa e a non confirmación dos convenios, pechou as portas de avanzar no desenvolvemento económico do rural”. Castiñeira sinala: “É algo absolutamente incomprensible, especialmente cando vivimos unha época na que a Deputación debe pensar en buscar solucións ao noso rural e promover actuacións de modernización e industrialización de localidades como Triacastela, que no seu momento decidiu crear un polígono industrial”.
A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, pola súa parte sinala que dispoñer de solo industrial é fundamental para o seu municipio, tanto para conseguir a implantación de novas empresas como para que sexa posible a ampliación doutras xa asentadas no concello; cita, neste último caso, unha firma, con quince empregados, que necesita ampliar as súas instalacións. Iglesias lamenta que o Concello tivese que usar cartos do Plan Único, que necesitaba para a mellora de vías de comunicación, para afrontar os gastos da elaboración do plan especial para o solo industrial. Sinala que se a Deputación mantivese os compromisos adquiridos por Suplusa, o Concello, que ten un orzamento anual moi reducido, no tería que soportar este gasto.























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.



