Cervo, 20 de xuño de 2021. O pavillón da Veiga acolleu a presentación do III Campus de Baloncesto EntreNos, que terá lugar entre o 27 de xuño e o 2 de xullo “son seis días de competición, nun formato readaptado á situación sanitaria actual, moito máis técnico, con máis competición, e sobre todo con moito basket co obxectivo de recuperar sensacións logo deste ano tan difícil que vivimos”; tal e como subliñaron desde a organización, no acto no que participaron o rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.
O prazo de inscrición continúa aberto, aínda que xa quedan moi poucas prazas das 48 dispoñibles, dirixidas á mocidade nada entre os anos 2004 e 2009 (ambos incluídos). Debido á situación sanitaria tan só se oferta réxime interno, “para crear unha burbulla EntreNos de convivencia entre os participantes, que se someterán a un test de antíxenos antes de ingresar no campus como medida de prevención e seguridade”.
O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Juanma López , Mer Chele, Javier Cal, Sabela Taboada e Juan Carlos Paz.
Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket, que impartirán unha sesión de táctica en equipo que logo se poñerá a proba na tarde de competición.
As clases correrá a cargo de:
Adrián Chapela, actualmente compite en Leb ORO co Força Lleida.
Sandra Prieto, adestradora no Uni Ferrol.
Fer Buendia, seleccionador galego durante catro tempadas, experiencia en ligas Feb como Eba y Lf2. Este ano está no Xiria de Liga EBA.
Iago Castro: adestrador axudante do C.B. Breogán desde a pasada tempada.
O rexedor Alfonso Villares aplaudiu o “enorme esforzo realizado polos integrantes da asociación deportiva e cultural EntreNós, que organiza o evento, para sacar adiante esta nova edición na que tiveron que reinventarse readaptando o formato á situación sanitaria actual, apostando por un baloncesto seguro, pero sen renunciar ao espírito competitivo e de convivencia co que foi concibido este campus pensado para todos os rapaces apaixonados deste deporte de equipo”.
Desde o Concello, tal e como precisaron pola súa banda o edil de Deportes e a responsable de Cultura, “poñemos á súa disposición todas as instalacións municipais e o apoio loxístico necesario para contribuír a que o campus EntreNos volva ser unha experiencia única para a mocidade participante”.
O campus, loxicamente, xirará en torno ao baloncesto, pero tamén se programarán actividades complementarias para que os participantes poidan coñecer as múltiples posibilidades que ofrece o Concello de Cervo, tanto desde o punto de vista cultural como deportivo; programando diferentes saídas que enriquecerán aínda máis a experiencia.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



