Viveiro, 24 de xuño de 2021. Hai oito anos, unha crecida derrubou a ponte de Silvoso, en Viveiro, na pista que une o monte de San Roque con Santo Alvites. Os veciños máis directamente afectados, fartos de que o Concello non fixera caso das súas peticións para a reconstrución da ponte, recolleron firmas (200), e acábanas de entregar no Concello. O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, expresa o total apoio do seu grupo a reivindicación veciñal e di que este é un caso máis da falta de eficacia na xestión que xa teñen sobradamente demostrada a alcaldesa, María Loureiro, e o seu equipo. Rodríguez visitou o lugar no que ten que ser levantada a citada infraestrutura, acompañado de varios veciños.
Rodríguez considera inexplicable que o goberno local fora incapaz en oito anos de facer as xestións necesarias para a reconstrución da ponte. Neste sentido explica que, debido a que, pola falta da ponte, só pasan por esta pista algúns sendeiristas, está case pechada. O portavoz popular sinala: “É grave que sexa así por moitos motivos, pero hai tres que resultan especialmente importantes. Por un lado, porque é o acceso utilizado para chegar ás súas propiedades polos titulares do monte nesta zona. Por outra parte, e non é cousa menor, porque de producirse un incendio forestal, sería moi difícil que puideran acceder as carrocetas”. Engade: “E tamén é importante reconstruír a ponte porque esta é unha ruta moi utilizada polos sendeiristas. Algúns seguen pasando e para iso colocaron uns paus sobre o regato”.
Os populares deixan claro o seu total apoio ás demandas dos veciños e esperan que, aínda que tarde, o goberno presidido por María Loureiro, agora que lle entregaron duascentas firmas, non siga mirando para outro lado, e faga as xestións necesarias para a construción desa ponte.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



