Trátase dunha estancia Erasmus+, que inclúe visitas a varios centros formativos, a empresas e tamén ao Museo da Ferrari. A súa estadía prolongarase ata o 4 de xuño. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “onte visitamos e mantivemos un encontro no centro Raimondo da Aronco, en Gemona del Friuli, que é socio do proxecto de Aprendices de Apaga. E hoxe estamos a ter unha xuntanza no centro de Ferrari de Maranello, co obxectivo de concertar unha colaboración para o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que celebraremos en Ribadeo a finais do mes de agosto”.
Varios profesores de Apaga atópanse estes días na rexión de Lombardía, en Italia
Varios profesores de Apaga atópanse estes días na rexión de Lombardía, en Italia
Relacionado
-
Este luns ábrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Verán de Ribadeo que ofrecen pesca deportiva, piragüismo, skate, surf e vela
-
Falando de Paxaros presentará as súas actividades de ecoturismo en Ribadeo ás empresas asociadas a Acisa
-
Máis de 30 preparacións diferentes pódense degustar ata o domingo nas I Xornadas da Xarda de Ribadeo